A semana que comeza é clave e dobre para o Obradoiro. Primeiro, a visita a Tizona Burgos este martes. Burgos é o faroliño vermello pero, segundo o propio Epi, podería ser "o partido máis difícil de todo o ano". E é que os burgaleses son últimos pero teñen moi preto, a só unha vitoria, o posto quince que lles permitiría salvar. Sairán, pois, co coitelo entre os dentes.
O Obradoiro ten o ascenso a ACB na súa man, Burgos e Estudantes mediante
A derrota do Leyma Coruña en Fuenlabrada e a décimo terceira vitoria consecutiva dos de Epi contra un paupérrimo COB Ourense na última xornada outorgan aos composteláns casj todas as cartas para ascender a só catro xornadas por disputar. Os de Epi teñen, iso si, por diante unha semana crave: visita a un Burgos que loita pola permanencia e recibir a un Estudantes que é dos mellores equipos da competición, está en play-off e ademais xogará sen presión.
Cando terminou o inverno o ascenso directo á ACB parecía unha quimera. O Leyma Coruña marchaba como un rodete na cabeza da Primeira FEB e o Monbus Obradoiro, a pesar dunha moi boa campaña, miraba con ansia ao primeiro posto, único que permite o ascenso automático.
Hoxe, tras a xornada 30, o panorama cambiou de maneira radical. Os de Diego Epifanio encadearon trece vitorias consecutivas. La última, unha malleira ao Cloud.gal Ourense no derbi galego. Ben é certo que o partido do COB no Multiusos do Sar foi por momentos patético, sobre todo en ataque, logrando anotar só 21 puntos ante a atlética defensa dos da capital.
Con 25 vitorias e 3 derrotas en 28 partidos disputados, o Obradoiro é líder. Son as mesmas vitorias que o Leyma Coruña, pero os coruñeses xogaron un partido máis. Por encima, os composteláns téñenlles gañado o basketaverage. Se hai empate, ascenderán os de Santiago. O terceiro clasificado, Palencia, está practicamente fóra da loita pola primeira praza, a catro vitorias dos galegos.
A vitoria do venres ante o Ourense —rival que na primeira volta vencera aos santiagueses— foi rotunda. Os composteláns dominaron o choque de principio a fin, executando á perfección o plan de partido preparado polo seu corpo técnico. A Obra é o equipo máis en forma de toda a categoría.
Así as cousas, a diferenza aritmética é mínima, pero o momento anímico é totalmente diferente. Optimismo en Santiago, pesimismo na Coruña. E é que o Leyma tropezou este fin de semana na cancha do Flexicar Fuenlabrada, encadeando dúas derrotas consecutivas.
Dous finais para rematar a faena
Diego Epifanio, adestrador do Monbus Obradoiro "Somos conscientes de que creo que o equipo fixo moi bo rendemento nos partidos fóra de casa. Pero o halago debilita, e iso non pode calar en nós."
Despois, o domingo 26 de abril, o Multiusos Fontes do Sar acollerá a visita do Movistar Estudantes, cuarto na clasificación con 46 puntos. Estudantes esd e o mellor da categoría e chega sen presión. Gañou a Copa de España así que ten garantido ser segundo no play-off no que os clasificados entre o segundo e o noveno posto.
Un duelo de máxima esixencia no que a Obra terá a oportunidade de demostrar a súa calibre de favorito ao ascenso ante a súa propia afección.
A expectación é máxima, coas entradas xa en proceso de venda. Até o mércores, teñen preferencia os socios. Visto o case cheo contra o COB, o Multiusos de Sar case seguro encherase a lume de biqueira o domingo.
Martes 22 abr · 20:00 h · Xornada 31
Tizona Burgos vs Obra
Burgos · Pavillón Municipal
Último clasificado (6–22)
Domingo 26 abr · 18:15 h · Xornada 32
Obra vs Estudantes
Fontes do Sar · Santiago
4.º clasificado (18–10)
O soño do regreso á ACB nunca estivera tan cerca. Quedan aínda catro xornadas pero o equipo é líder e leva varias semanas en estado de graza. Ademais, o Leyma fraquea nesta recta final.
Dúas vitorias esta semana obrigarían ao Leyma a esperar un milagre, pois as dúas últimas xornadas da Obra serán contra Cantabria, que xa non se xoga nada, e Guipúzkoa, que por esas datas xa probablemente terá certificada un posto no play-off, polo que debería descansar ás súas xogadores claves para protexelos de lesións antes das eliminatorias.
En definitiva, os xogadores do Monbus Obradoiro teñen o ascenso na palma da man. Só quédalles agarralo para que non se escape entre os dedos.
Escribe o teu comentario