Cambio de liderado nas Xuventudes Socialistas: a ribeirense Ana Alvite substituirá a Xurxo Doval

O número 2 do PSOE nas pasadas municipais en Ribeira postúlase como nova secretaria xeral das XX.SS.


|

Ana Alvite García
Ana Alvite García

 

Enfermeira de 25 anos, de Ribeira e comprometida coa política galega. Ese é o perfil de Ana Alvite García, a nova secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e remplazo de Xurxo Doval, que abandonará o seu cargo na organización xuvenil socialista o próximo mes de xuño.

 

 

RECOLLIDA DE AVAIS

Alvite asumirá así o cargo despois de que onte se pechase o prazo para a presentación de candidatos e a súa fose a única proposta para a secretaría xeral. O seu precandidatura dispón agora de 15 días, até o 6 de maio, para solicitar os avais necesarios.

 

Alvite, que xa é secretaria de Benestar e Políticas Sociais nas Xuventudes e que foi número 2 nas pasadas eleccións municipais á alcaldía de Ribeira e que tamén formou parte da candidatura da provincia nas eleccións autonómicas, ten por tanto dúas semanas de traballo para as diferentes roldas de contactos con agrupacións socialistas ás que explicar as liñas mestras do seu proxecto. 

 

 

As Xuventudes Socialistas concretarán a renovación da súa directiva os días 6 e 7 de xuño en Ourense. Baixo a lema 'É agora' Alvite aspira a pór sobre a mesa cuestiones como a defensa dos servizos públicos, o feminismo, a situación do colectivo LGTBIQ ou a crise da vivenda.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE