xuventudes socialistas

"Oxalá te viole un magrebí", "machista" ...: polémica entre cargos do PP e do PSOE en Galicia

Fontes de Novas Xeracións acusan ao líder dos mozos do PSdeG, Xurxo Doval, de insultalos durante anos en redes sociais. Fano despois de que os socialistas relacionasen ao PP cos durísimos ataques contra a condición sexual de Doval, lanzados tras a celebración da continuidade de Pedro Sánchez. Ataques que os conservadores, en declaracións a Galiciapress, rexeitan porque, din, eles sempre apostan pola concordia. 

Oposicións da Xunta amañadas en favor dos interinos, denuncian as Xuventudes Socialistas

Como argumentos da súa dura acusación, os socialistas argumentan que a convocatoria inclúe un número "ridículo" de preguntas acertadas necesarias para superar a fase de oposición, "que consiste nun único exercicio baseado en preguntas tipo test".  XSG critica ademais a "exclusión sospeitosa" da puntuación de méritos académicos mentres que a experiencia como interino puntua un "extraordinario" 35%.Por agora, Función Pública da Xunta non respondeu ás críticas das XSG. A formación política demanda que as prazas se cubran por oposición libre -onde non se puntuan méritos- vista a "mala fe" do actual concurso oposición.

Non houbo "infración" no Congreso dos mozos do PSdeG, que se repite o domingo
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebrarán este domingo, día 13 de xaneiro, o seu Congreso Nacional Extraordinario tras a suspensión do anterior por parte da Executiva Federal das Mocidades Socialistas ante unha denuncia por supostas "irregularidades" no procedemento.
Caballero esixe que se cumpra a lei para defender os dereitos LGTBI

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Nabor González, reivindicaron a "tolerancia" ante a "libre elección sexual" dos individuos, no Día Internacional contra a LGTBIfobia, e pediron ao Partido Popular que execute a lei para "defender" os dereitos deste colectivo.


As Xuventudes Socialistas cualifican de "exercicio de ignorancia e inconsciencia" falar da marcha atrás como método anticonceptivo

O Servizo Galego de Saúde difundiu un folleto de métodos anticonceptivos no que se inclúe a 'marcha atrás', cunha "eficacia" do 73 ao 96 por cento.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE