Oposicións da Xunta amañadas en favor dos interinos, denuncian as Xuventudes Socialistas
Como argumentos da súa dura acusación, os socialistas argumentan que a convocatoria inclúe un número "ridículo" de preguntas acertadas necesarias para superar a fase de oposición, "que consiste nun único exercicio baseado en preguntas tipo test". XSG critica ademais a "exclusión sospeitosa" da puntuación de méritos académicos mentres que a experiencia como interino puntua un "extraordinario" 35%.Por agora, Función Pública da Xunta non respondeu ás críticas das XSG. A formación política demanda que as prazas se cubran por oposición libre -onde non se puntuan méritos- vista a "mala fe" do actual concurso oposición.
Un cambalache. Así definen as mocidades do PSdeG o actual proceso de oposicións no sector social da Xunta de Galicia. En opinión das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) as bases están deseñadas ad hoc para que entren os interinos, prexudicando ao resto de aspirantes.
Como argumentos da súa dura acusación, os socialistas argumentan que a convocatoria inclúe un número "ridículo" de preguntas acertadas necesarias para superar a fase de oposición, "que consiste nun único exercicio baseado en preguntas tipo test". XSG critica ademais a "exclusión sospeitosa" da puntuación de méritos académicos mentres que a experiencia como interino puntúa un "extraordinario" 35%.
Por agora, Función Pública da Xunta non respondeu ás críticas das XSG. A formación política demanda que as prazas se cubran por oposición libre -onde non se puntuan méritos- vista a "mala fe" do actual concurso oposición.
Escribe o teu comentario