Do sol de Canarias aos voos directos a Istambul: Así viaxan os galegos esta semana Santa
Marrakech, Berlín ou a comodidade da cornixa cantábrica consolídanse como as opcións predilectas para os turistas galegos que buscan romper co inverno. Con todo, viaxar implica tamén seguros de cancelación, a nova normativa de visados electrónicos otrasl claves para non deixar nada ao azar na maleta
A Semana Santa en Galicia vívese entre a antelación duns e a improvisación de última hora doutros. Segundo explica Javier Fontao, da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi), o comportamento do viaxeiro galego é un tanto peculiar. Mentres unha parte reserva no principio do ano para asegurar así a praza nos cobizados voos directos, outros viaxeiros esperan aos últimos días para decidir o seu destino en función da dispoñibilidade laboral ou o clima, optando maioritariamente por escapadas en coche. Sexa cal for o perfil, o obxectivo é común: un descanso necesario aproveitando especialmente a ponte de mércores a domingo para espremer ao máximo o descanso, todo despois dun inverno longo e tedioso.
Os PERFÍS DO VIAXEIRO
A elección do destino está ligada ao perfil do viaxeiro e ao seu orzamento. Entre os distintos perfís atopamos ás parellas e perfís urbanos. Estes son os principais usuarios dos voos directos desde os aeroportos galegos. Buscan capitais europeas ou doutros lugares como Marrakech (Marrocos), Istambul (Turquía) e Berlín (Alemaña). O motivo principal é a comodidade por ser voos curtos e sen escalas que permiten "sentar e baixar xa no destino".
Por outra banda están as familias que, debido ao encarecemento que supón a viaxe para varios membros, adoitan optar polo coche. Sus destinos predilectos atópanse na cornixa cantábrica (Asturias e Cantabria) ou o país veciño, Portugal.
Non hai que esquecer dos buscadores de sol. Canarias segue sendo o refuxio por excelencia para quen desexan "cambiar de estación" en apenas un par de horas de voo, fuxindo do frío. O outro gran perfil é o formado polos viaxeiros en grupo e maiores de 55. Este perfil busca a "tranquilidade total". Prefiren paquetes programados con guía acompañante desde Galicia, onde todo estea preparado desde o checking no aeroporto até os traslados ao hotel.
Por último temos aos que prefiren o turismo interior. Adoita ser a opción para os que deciden a última hora, e é que Galicia ofrece a súa propia riqueza en turismo rural e balnearios, opcións moi demandadas para desconectar sen saír da comunidade.
AXENCIAS: SI Ou NON?
Viaxar de forma independente ou a través dunha axencia marca a diferenza na xestión de riscos e a loxística. A principal vantaxe das axencias está no "valor engadido" e a resolución de problemas. En viaxes a destinos como Istambul ou Berlín, as axencias adoitan fretar voos chárter que non existen de forma regular, facilitando rutas directas que un particular non podería contratar pola súa conta. Ademais, por lei, estes paquetes xa inclúen un seguro básico.
O perfil que viaxa de quen viaxa só é o de alguen moi meticuloso e experto, preparando a viaxe con gran antelación para "#sacar as castañas do lume" en por si. É unha persoa experimentada e que coñece diferentes vías para resolver contratempos que aparezan no seu traxecto.
A IMPORTANCIA DO SEGURO DE VIAXE
Contratar un seguro xa non é unha opción, senón unha necesidade á alza. Fontao recomenda encarecidamente que, en viaxes de longo radio, a cobertura de gastos médicos alcance polo menos un millón de euros. Por un custo que oscila entre os 50 e os 120 euros (en casos de seguros VIP para destinos como República Dominicana), o viaxeiro obtén tranquilidade ante imprevistos.
Que cobre este tipo de seguros? Desde cancelacións por motivos estipulados até asistencia médica urxente. Por outra banda, o ou a turista ten tamén a opción do seguro de libre desistimiento. Trátase dunha modalidade en auxe que permite cancelar a viaxe simplemente porque o usuario decida non ir, perdendo só o importe do seguro.
Que pode suceder en caso de non contratar un seguro de viaxe? Nun país estranxeiro, calquera incidente médico ou a necesidade de repatriación pode supor custos inasumibles para un particular, ademais da perda total do investimento da viaxe en caso de non poder acudir por unha urxencia persoal.
CLAVES ANTES DE PECHAR A MALETA
Revisar a documentación e os visados. O escenario internacional cambia constantemente. É necesario informar sobre novos requisitos como a visado ETA para o Reino Unido ou as normativas específicas de países como Canadá, Israel ou Estados Unidos.
Semana Santa é unha "campaña moi cara" por iso é recomendable resolver varios pasos con antelación. Reservar con meses de marxe é a única forma de conseguir prezos razoables en destinos como Berlín, que noutras épocas son moito máis económicos.
Se alguén viaxa pola súa conta debe verificar as restricións de tránsito. Por exemplo, certas nacionalidades ou rutas teñen limitacións sobre cantos puntos europeos poden tocar antes de chegar ao seu destino final.
Por último, está a flexibilidade nas datas, sobre todo en caso de persoas novas e cun orzamento axustado, porque a Semana Santa non é a época ideal para estes viaxeiros debido ao alto custo. A flexibilidade de datas fóra dos días festivos centrais permite aforros significativos.
Escribe o teu comentario