As Xuventudes Socialistas cualifican de "exercicio de ignorancia e inconsciencia" falar da marcha atrás como método anticonceptivo
O Servizo Galego de Saúde difundiu un folleto de métodos anticonceptivos no que se inclúe a 'marcha atrás', cunha "eficacia" do 73 ao 96 por cento.
O Servizo Galego de Saúde difundiu un folleto de métodos anticonceptivos no que se inclúe a 'marcha atrás', cunha "eficacia" do 73 ao 96 por cento, segundo o SERGAS.
Ante esta situación, as Xuventudes Socialistas de Galicia fixeron público un comunicado no que a cualifican como "unha campaña de desinformación da Xunta de Galicia, un acto totalmente irresponsable".
O Secretario xeral da XSG, Nabor González, afirma que é "inadmisible que desde institucións públicas se igualen métodos como a marcha atrás, que case nin se considera un método anticonceptivo, co uso de preservativos ou anticonceptivos hormonais".
Pola súa banda, a coordinadora de benestar social das Xuventudes declarou que "estas informacións que contemplan métodos moi pouco fiables e seguros, ademais de resultar en moitos casos perigosas para a saúde, é un exercicio de ignorancia e inconsciencia".
O FOLLETO
O folleto, que data de abril de 2010, recolle o coito interrompido xunto a métodos como o de postovulación -que consiste en medir a temperatua corporal basal-, o da lactación matera e amenorrea (MELA) -baseado en se a nai está a dar o peito e non ten a menstruación no primeiros seis meses despois do parto-, pero tamén xunto a métodos barreira como o preservativo, dispositivos intrauterinos ou anticoncepción hormonal.
"Consiste en retirar o pene da vaxina antes da exaculación, que non debe producirse preto da vulva. A eficacia anticonceptiva depende de se se utiliza correcta e sistematicamente", di o folleto. Aclaran que non protexe de Infeccións e Transmisión Sexual (ITS).
Desde as Xuventudes Socialistas esixen a retirada "inmediata dos folletos así como unha rectificación do contido".
Escribe o teu comentario