O SERGAS difunde a "marcha atrás" como método anticoceptivo
A "eficacia" de usar o coito interrompido oscila entre o 73 e o 96 por cento, segundo un folleto da web pública que desata unha tormenta dialéctica na internet.
A "eficacia" de usar o coito interrompido oscila entre o 73 e o 96 por cento, segundo un folleto da web pública que desata unha tormenta dialéctica na internet.
O catálogo, datado en abril 2010, pode consultarse no portal do Sergas dentro do apartado de 'Métodos Anticonceptivos' baixo o nome 'Os método anticonceptivos. Folleto xeral'.
Nel figura o 'coito interrompido' ou 'marcha atrás' como método para evitar embarazos cunha eficacia "do 73 ao 96 por cento", aínda que aclara que non protexe de contraer unha enfermidade de transmisión sexual (ETS).
"Consiste en retirar o pene da vagina antes da eyaculación, que non debe producirse preto da vulva. A eficacia anticonceptiva depende de se se emprega correcta e sistematicamente", reza a descrición.
Este apartado xerou críticas ao departamento de Sanidade por incluír a 'marcha atrás' como un sistema para evitar embarazos, xa que é considerada desde hai anos por diversas autoridades da educación sexual como unha práctica de risco.
As Xuventudes Socialistas de Galicia saíron ao paso da polémica e ironizaron con que o PP "debería buscar outros métodos para resolver a crise demográfica" de Galicia "sen enganar á cidadanía e poñer en risco a súa saúde".
Escribe o teu comentario