Vilagarcía de Arousa pecha a súa praia principal esta fin de semana por "unha concentración microbiológica superior aos niveis óptimos"

A principal praia de Vilagarcía, a de Compostela, permanecerá pechada ao baño durante toda a fin de semana, xa que antes do luns non se coñecerán os resultados das análises das novas mostras da auga recollidas.

|

A principal praia de Vilagarcía, a de Compostela, permanecerá pechada ao baño durante toda a fin de semana, xa que antes do luns non se coñecerán os resultados das análises das novas mostras da auga recollidas.


Praia de compostela


O Concello decidiu este xoves prohibir o baño na praia de Compostela tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade informando do resultado da analítica dunha mostra de auga tomada o martes, na que se detecta "unha concentración microbiológica superior aos niveis óptimos establecidos na normativa sanitaria".


Ante esta situación, e á espera de que se coñezan resultados dunha segunda analítica que garanta o perfecto estado das augas para o baño, colocáronse no areal vilagarcián varios carteis informativos que advirten aos usuarios da prohibición.


A Consellería de Sanidade non tomará unha nova mostraxe das augas da praia de Vilagarcía ata a próxima semana e os resultados da analítica aínda tardarán dous días máis en chegar.

Co obxecto de poder dispoñer de datos canto nun menor prazo de tempo, o Concello contactou cun laboratorio certificado independente para contratar a realización dunha analítica con moita brevidade.

"Ao estar polo medio a fin de semana, os resultados non chegarán antes do luns", explican desde o goberno local.

"En todo caso, solicitarase ao laboratorio a maior axilidade posible para coñecer o estado actual das augas para que, de confirmarse que están ben, poder reabrir de novo a zona de baño", engaden.


BANDEIRA AZUL

Técnicos do Concello de Vilagarcía iniciaron ademais unha revisión das redes de saneamento e de pluviais para comprobar púidose producir algunha vertedura por avaría ou por algunha conexión ilegal á rede.


"De detectarse algún destes casos adoptaríanse as medidas oportunas de forma inminente", anuncian desde o goberno municipal.

Dáse a circunstancia de que hai pouco máis dunha semana coñeceuse que a praia de Compostela de Vilagarcía recuperaba a bandeira azul tras unha década no que este distintivo non ondeaba no areal vilagarcián.

Tras ter noticia da concesión, o goberno local asegurou que o regreso da bandeira azul á praia de Compostela era "froito dos investimentos en saneamento e do esforzo levado a cabo no últimos cinco anos", o que permitira mellorar a calidade das augas e mantela constante o tempo suficiente.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE