Este empeoramento nótase en todos os distritos salvo Ferrol e é especiamente grave na área de Santiago, o que resta credibilidade ao vínculo entre a alza e o entroido que onte apuntou a Xunta, aínda que é certo que os concellos de Xinzo e a capital de Ourense son dos que máis empeoran hoxe.
A Mancomunidade do Salnés, en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa e a Axencia de Viaxes Tee Travel teñen en marcha a iniciativa A Orixe de Todos os Camiños. Os peregrinos toman un barco no Porto Deportivo de Vilagarcía de Arousa para realizar o Roteiro do Mar de Arousa e Río Ulla ata Pontecesures. Embarcando en Vilagarcía de Arousa remóntase o río Ulla, río de pouco calado nalgunha das súas zonas, por iso é polo que os horarios de saída do Barco a Santiago dependan do estado da marea.
Os excelentes datos de hoxe a nivel galego tradúcense en que só tres municipios ven subir hoxe o seu cómputo semanal.Son Laza (en risco extremo, en negro no mapa) e Noia e Vilagarcía (en risco alto, en vermello claro no mapa).
O xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Santiago de Compostela condenou ao Sergas e á súa aseguradora para indemnizar en 25.000 euros a un paciente que sufriu unha gangrena de Fournier, unha grave infección necrotizante que afecta os xenitais, tras someterse a unha vasectomía no Hospital do Salnés, en Vilagarcía.
Sete meses despois do inicio da pandemia, a Xunta publicou as súas cifras do coronavirus en algo máis que nunha nota de prensa diaria. Faio despois dunha protesta do Colexio de Xornalistas e de ducias de alcaldes, molestos porque o Goberno non lles envía os datos. Datos que, iso si, publicou durante semanas só A Voz tras o seu muro de pago.
A Garda Civil de Tráfico detectou a 86 condutores que deron resultado positivo en test de alcoholemia e a outros 23 que conducían baixo os efectos das drogas durante as probas realizadas con motivo da Festa dá Auga en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) durante o pasado venres.