O covid dispárase en Vigo metendo a cidade de novo en risco alto e na comarca de Arousa




Vigo recibe hoxe un +21 no seu cómputo semanal de positivos, o que eleva a súa incidencia acumulada a sete días por encima de 75 casos por 100.000 vigueses. Isto implica que é a primeira cidade que tras o pico da terceira onda deixa o risco medio para ascender a risco alto, en vermello claro no mapa.


|

Vigo recibe hoxe un +21 no seu cómputo semanal de positivos, o que eleva a súa incidencia acumulada a sete días por encima de 75 casos por 100.000 vigueses. Isto implica que é a primeira cidade que tras o pico da terceira onda deixa o risco medio para ascender a risco alto, en vermello claro no mapa.


Risco alto que leva días sendo o dominante nas dúas beiras da Ría de Arousa. Comparte espazo co risco extremo, vermello escuro, no que seguen municipios confinados como O Grove e A Pobra e entraron recentemente outros como Meaño, Ribadumia, Catoria ou Vilanova, onde o SERGAS está a realizar un cribado.


Petín únese hoxe á lista de concellos con incidencia acumulada superior a 250. Este é o nivel para partir do cal o SERGAS adoita impoñer perímetro municipal e peche hostaleiro. Cualedro, Carballeda, Lobeira, Meira e Trabada mantéñense no peor dos niveis posible, en negro no mapa.




 


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Arteixo +1
  • Culleredo +1
  • Ferrol +1
  • Oleiros +1
  • Lugo +2
  • Gondomar +2
  • Ponteareas +2
  • Ourense +4
  • Vilagarcía de Arousa +4
  • Vilanova de Arousa +4
  • Vigo +21



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:



  • Ribeira -4
  • Pontevedra -4
  • Sanxenxo -2
  • Cambre -1
  • Coruña (A) -1
  • Barco De Valdeorras (Ou) -1
  • Cambados -1
  • Cangas -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

As boas noticias do día é que Santiago mantense cunha incidencia semanal por baixo de 25, o que lle permite ser a única cidade do país en risco baixo, de acordo a este indicador.




As malas noticias do día é o agravamento da crise viguesa. Na escala a 7 días Vigo xa está en risco medio e de seguir este camiño tamén entrará en risco alto na escala a 14 días, pois a fronteira está en 150 e Vigo xa anda por 146:





O empeoramento de Vigo non é exclusivo da súa área sanitaria. Por exemplo, hoxe sobe o cómputo semanal noutros concellos da súa área, como Ponteareas ou Gondomar. De feito, a tendencia de toda a área é á alza, tanto a 14 como a 7 días:



Como é de grave a situación na cidade de Vigo?  Francamente preocupante. Non tanto polo nivel actual do virus, como polo seu forte ascenso nos últimos días.


En Vigo saltaron 432 positivos nos últimos 14 días. Hai que remontarse ao 23 de febreiro para encotrar unha cifra tan mala. O máis grave é o +46 de cómputo a dúas semanas coñecido hoxe. Hai que remontarse ao 28 de xaneiro para atopar un salto de tal lonxitude. Son niveis de crecemento propios do pico da terceira onda do covid:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Con tan mala evolución da urbe, non é de estrañar que a curva de positivos do distrito sanitario creza. Está en 732 casos activos, que é a maior cifra de positivos desde principios de marzo. 


A outra área que máis debe preocupar é Pontevedra, que inclúe a comarca de Arousa. A pesar de ser unha das máis pequenas, é xa a terceira en casos activos. Ten 448 casos activos, que son case o dobre dos que tiña a principios de mes:



En canto aos casos activos a nivel galego, ascenden por undécima xornada consecutiva e sitúanse en 2.767, o que supón 74 máis, ao haber máis contagios (154) que altas (78), ao que hai que engadir dous falecementos.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas increméntanse nas sete: Vigo (+26), Pontevedra e O Salnés (+20); Lugo (+13); Ourense (+6); A Coruña e Cee (+4); Ferrol (+3) e Santiago e Barbanza (+2).

Por tanto, a área de Vigo mantense á cabeza, con 732; seguida da da Coruña e Cee, con 677; Pontevedra e O Salnés, con 448; Santiago e Barbanza, con 370; Ourense, 26; Lugo, 205; e á cola segue Ferrol, con 109. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

En canto aos novos contagios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba descenderon lixeiramente comparado coa xornada anterior a 154, o que supón 34 menos.

Galicia confirmou nas últimas 24 horas 134 positivos por PCR, dos cales 31 corresponden á área da Coruña e Cee; 30, á de Vigo; outros 30, á de Pontevedra e O Salnés; 16, á de Lugo; 12, á de Ourense; 9, á de Santiago e Barbanza; e seis, á de Ferrol. 




HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Os pacientes Covid hospitalizados en Galicia ascenderon a 199, sete máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos manteñen a tendencia ascendente por undécimo día consecutivo e sitúanse en 2.767.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, nos que se inclúen 33 pacientes Covid en UCI --tres máis-- e 166 noutras unidades --catro máis--.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria increméntase en seis das sete e soamente alíviase na da Coruña e Cee, onde aínda que seguen oito pacientes Covid en UCI, descenden a 52 os doutras unidades --dúas menos--.

Pola súa banda, na de Vigo ascenden a cinco os pacientes Covid ingresados en UCI --uno máis-- e a 33 noutras unidades --uno máis--; mentres que na de Ferrol hai un en críticos --tras varios días sen ningún ingresado-- e nove noutras unidades --uno máis--.

Na área de Santiago e Barbanza aumentan a cinco os ingresados en UCI --uno máis-- e a 22 os doutras unidades --uno máis--, mentres que na de Ourense proseguen seis en críticos e soben a 15 os doutras unidades --uno máis--.

Mentres, na de Pontevedra e O Salnés seguen cinco en UCI e increméntanse a 27 os doutras unidades --uno máis--; e na de Lugo continúan tres en críticos e soben a oito os doutras unidades --uno máis--. 



MbYT9 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE