Á venda as entradas do concerto de Sergio Dalma na Coruña para o 23 de xaneiro de 2027
O Coliseum será unha das paradas da nova xira do artista, que xa ten datas a máis dun ano vista.
Este mércores, día 5, saen á venda as entradas do concerto de Sergio Dalma na Coruña. O Coliseum será unha das paradas da nova xira do artista, onde presentará o seu próximo álbum 'Ritorno a Via Dalma', que verá a luz o próximo 14 de novembro.
O espectáculo terá lugar o 23 de xaneiro de 2027. Segundo informa o Concello herculino, é a primeira actuación confirmada na cidade para ese ano.
Con 'Ritorno a Via Dalma', engade, o cantante catalán "revisita o espírito da súa exitosa triloxía inspirada na música italiana, con versións de temas de autores contemporáneos interpretadas coa súa voz característica".
En concreto, trátase do disco número 23 da súa carreira e "supón un novo chanzo na consolidación dun estilo que o público recoñece e celebra", apunta o consistorio.
Escribe o teu comentario