Terceiro día de folga dos técnicos superiores sanitarios, con miles de probas no arame

A Xunta cifra nun 57% o seguimento dos paros na quenda de mañá na terceira xornada de protestas, coincidindo coa gran concentración celebrada en Madrid este luns dun colectivo que que non afrouxa na súa presión ao SERGAS e o Ministerio de Sanidade.


|

Concentración de técnicos superiores sanitarios en Santiago, a 31 de octubre de 2025.
Foto: EP

 

O seguimento da folga de técnicos sanitarios rolda o 57% na quenda de mañá deste luns en Galicia, tal e como informou a Consellería de Sanidade. O apoio é máis elevado en base aos datos dos convocantes, a Asociación Española de Técnicos de Laboratorio (AETEL), que o cifra en valores similares aos da pasada semana, é dicir, ao redor dun 90%.
 


Máis pormenorizadamente, e segundo os datos autonómicos, a porcentaxe de participación nas sete áreas sanitarias do Sergas alcanzou o 57,27%. Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Galega de Medicamento Xenómica, a porcentaxe de seguimento foi do 56,67%.
 

Tss
Foto: EP


Destacan ademais que o grao de cumprimento dos servizos mínimos foi do 100%.

Esta é a terceira xornada dun paro que comezou o pasado xoves, 30 de outubro, e que terminará este martes, 4 de novembro.
 

 

 

PROTESTA EN MADRID

Este luns celebrouse en Madrid a manifestación central, que partiu do Ministerio de Facenda, continuando polo de Educación, e que finaliza fronte ao Ministerio de Sanidade.

Lamentan que este departamento estatal "continúe en silencio" e instan a que "abandone a súa actitude negacionista, deixando o terraplanismo político". Así mesmo, animan a que fagan fronte á "realidade": "a situación dos técnicos en España é única en Europa e require solucións urxentes e valentes".

Xa en Galicia organizáronse -- tanto para este luns como para o martes -- concentracións nas principais cidades, ás 12.00 horas, fronte a hospitais e sedes de subdelegacións do Goberno.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE