Ferrol e Santiago preto de entrar a nova normalidade e A Coruña, Lugo e Ourense de caer a risco baixo
Os excelentes datos de hoxe a nivel galego tradúcense en que só tres municipios ven subir hoxe o seu cómputo semanal.Son Laza (en risco extremo, en negro no mapa) e Noia e Vilagarcía (en risco alto, en vermello claro no mapa).
Os excelentes datos de hoxe a nivel galego tradúcense en que só tres municipios ven subir hoxe o seu cómputo semanal.
Os que soben Laza (en risco extremo, en negro no mapa) e Noia e Vilagarcía (en risco alto, en vermello claro no mapa).
As comarcas con peores niveis son Verín (onde ademais de Cualedro en risco máximo, Monterrei entra en risco extremo), Allariz (onde a vila está en risco alto e Sandiás en risco máximo), Bergantiños (onde a maioría dos municipios está en risco alto e Coristanco en risco extremo) e Arousa (onde Cambados e Vilanova seguen en risco extremo)
Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:
- Noia +1
- Laza +1
- Vilagarcía de Arousa +1
Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- Vigo -7
- Santiago de Compostela -4
- Lugo -4
- Marín -4
- Oleiros -3
- Tui -3
- Cambre -2
- Lalín -2
- Coruña (A) -1
- Ordes -1
- Padrón -1
- Ribeira -1
- Ourense -1
- Cambados -1
- Cangas -1
- Pontevedra -1
- Porriño (Ou) -1
- Vilanova de Arousa -1
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
COMPARATIVA DE CIDADES
Hai dúas urbes cunha incidencia acumulada semanal menor de 25 diagnósticos por 100.000 cidadáns. Son Ferrol e Santiago que, de feito, non están lonxe da nova normalidade. De lograr manter a súa tendencia actual e baixar de 10, as dúas poden entrar no nivel de nova normalidade esta semana.
Polo seu partre, tanto Ourense como A Coruña e Lugo non están lonxe de baixar de 50, o que lles levaría a caer un nivel e pasar a risco baixo. De feito, Ourense é moi probable que o consiga mañá, aparecendo de amarelo no mapa de Galiciapress.
A 14 días a maioría das cidades están aínda en risco medio, en laranxa no mapa de Galiciapress, en amarelo nos gráficos do doutor Luís Vázquez.
A Coruña é agora mesmo a única cidade cunha tendencia acumulada a dúas semanas á alza. Con todo, a curva bisemanal coruñesea non parece especialmente preocupante, leva máis dunha semana de leves vaivéns e hoxe hai unha pequena alza, de 291 positivos en dúas semanas a 295, niveis similares aos que había na Coruña antes de nadal.
Vigo é a única que está en risco alto, cunha incidencia superior a 150, na escala a 14 días. Con todo, de seguir a súa traxectoria actual, Vigo debería entrar en risco medio esta semana, o nivel que xa ten na escala a 7 días. Na escala a 14 días logrou baixar no últimos seis días.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
Os casos activos non soben hoxe en ningunha área do país, algo practicamente inédito este ano. A curva máis preocupante é a de Pontevedra, cunha tendencia claramente á alza desde finais de marzo, aínda que se foi aplanando algo nos últimos días e, de feito, hoxe repite o número de onte, 491 casos activos.
En canto aos casos activos, respecto onte, a nivel galego, tras o lixeiro incremento deste domingo, volveron a descender e sitúanse en 3.030, o que supón 76 menos, ao rexistrar máis altas (179) que contagios (103) e non haber falecidos.
As infeccións activas redúcense en seis das sete áreas sanitaras: Vigo (-39); A Coruña e Cee (-15); Lugo (-14), Ferrol (-4), Ourense (-3) e Santiago e Barbanza (-1), mentres que na de Pontevedra e O Salnés mantéñense sen cambios.
Deste xeito, a de Vigo continúa á cabeza con 906 casos activos; seguida da Coruña e Cee, con 695; Pontevedra e O Salnés, con 491; Santiago e Barbanza, 363; Ourense, con 266; Lugo, con 214; e na cola mantense Ferrol, con 95.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA
Esta última semana co estado de alarma en vigor arrinca en Galicia cun descenso nos novos contagios ata os 103, tras manterse varios días a semana pasada por encima dos 200, e rexistrar 174 a xornada anterior.
A Comunidade galega ha confirmado, en concreto, 86 positivos por PCR nas últimas 24 horas, fronte aos 146 do día anterior. Do total, 27 corresponden á área da Coruña e Cee; 20 á de Vigo; outros 20, á de Pontevedra e O Salnés; 10, á de Santiago e Barbanza; cinco, á de Ourense; tres, á de Lugo; e un á de Ferrol.
HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA
Repecto onte a nivel galego, , baixan a 50 os pacientes Covid ingresados en UCI --uno menos-- e soben a 164 os que permanecen noutras unidades --uno máis--, polo que segue un total de 214 hospitalizados.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Vigo, Ourense e Lugo; mentres que aumenta nas de Ferrol, Santiago e Barbanza e Pontevedra e O Salnés.
En concreto, na da Coruña e Cee aínda que se incrementan a 13 os pacientes Covid en UCI --uno máis--, descenden a 51 os que permanecen ingresados noutras unidades --cinco menos--; e na de Ourense descenden a nove o críticos --tres menos-- e soben a 18 os doutras unidades --dúas máis--.
Pola súa banda, na de Vigo seguen 12 en UCI e caen a 28 os doutras unidades --uno menos--; e na de Lugo mantéñense catro en críticos e descenden a 12 os pacientes Covid doutras unidades --uno menos--.
En canto á área de Santiago e Barbanza ascenden a cinco os pacientes Covid en UCI --uno máis-- e a 22 os doutras unidades --dúas máis--; na de Pontevedra e O Salnés continúan cinco en críticos e aumentan a 24 os doutras unidades --tres máis--; e na de Ferrol seguen dúas en UCI e soben a nove os doutras unidades --uno máis--.
Escribe o teu comentario