Concerto de Café Quijano, partido do Monbus Obradoiro e outras actividades para este fin de semana en Galicia

Presentamos algunhas das propostas para este fin de semana en Galicia


|

Cafe quijano
Arquivo - Café Quijano / Foto: cultura.gal

Festival Terra de Maxia: Este sábado ás 18:00 espéranos no Auditorio Forum Metropolitano da Coruña a XIII edición da Gala de Maxia Solidaria "Terra de Maxia". Trátase dunha gala na que participarán grandes meigos como Román García, Kenneth, Kiko Pastur, Mego Rebo ou o Mago Rufus, presentada pola xornalista Ana Villagrasa. Únense todos eles un ano máis para pór o seu espectácilo a beneficio da Fundación Terra de Homes de Galicia. O acto incluirá unha emisión dun vídeo do proxecto para o que se recadan os fondos.

 

Recortes, caneos e outras formas de driblar: Este espectáculo de teatro da man de actores como Perico Asorey, José L. Prieto ou Xosé A. Touriñán, que xa tivo lugar noutras cidades galegas, recrea un dos tantos partidos de fútbol do século, a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, afeccionados e demais personaxes principais, secundarios ou extras que compoñen o espectáculo futbolístico. Poderá verse este sábado ás 18:00 no Auditorio Muncipal de Vilagarcía de Arousa.

 

Os Pazos de Ulloa: No centenario da morte da escritora Emilia Pardo Bazán, a compañía Secuencia 3 presentou esta adaptación teatral da súa novela Os pazos de Ulloa, considerada por moitos unha das mellores obras narrativas españolas do século XIX. Poderemos gozar desta obra este sábado ás 20:00 no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba.

 

Café Quijano: O teatro Afundación de Vigo achéganos este sábado ás 20:30 unha actuación de Café Quijano, que prensentará o seu tema Manhattan Tour. Para esta canción, o grupo volveu á cidade californiana de Los Ángeles para poder contar na súa gravación cos mesmos músicos que tocaron no icónico álbum A taberna do buda.

 

Tributo musical a Coco: O Auditorio Municipal do Grove tráenos este domingo ás 17:30 un espectáculo de teatro infantil baseado na película Coco. Esta obra contará a historia de Miguel, un mozo do pobo mexicano de Santa Cecilia co soño con ser un gran músico e que, para conseguir a bendición da súa familia, viaxará accidentalmente ao mundo dos mortos.

 

Monbús Obradoiro - Cazoo Baskonia: Para os amantes do baloncesto, este domingo o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela acolle ás 12:30 un novo partido da liga Endesa, que enfrontará ao Monbus Obradoiro, representante de Santiago e da provincia da Coruña na liga baloncestista, contra o equipo vasco Cazoo Baskonia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE