José Antonio Domínguez: "Preocupan os actos vandálicos, demostran descoñecemento do valor histórico de Santiago"

José Antonio Domínguez Varela é o xerente do Consorcio de Santiago sendo elixido para o cargo en febreiro deste 2025. Licendiado en Dereito e cunha traxectoria profesional na administración autonómica, Domínguez afronta o reto de manter tanto unha actividade suxestiva para atraer visitantes a Santiago como a de manter o patrimonio material da cidade. Sobre temas que preocupan á cidadanía como a vivenda no Centro histórico, sinala os investimentos que se realizan nel para o seu coidado e mantemento. En relación aos actos de vandalismo no patrimonio apela a unha maior concienciación entre os habitantes e as persoas que visitan a cidade para ser conscientes do valor que gardan os diferentes monumentos composteláns.


|

Domu00ednguez varela consorcio
José Antonio Domínguez Varela/cedida


 

-Cal é o papel do Consorcio de Santiago e como se materializa a súa presenza no día a día da cidade?

O Consorcio de Santiago é un espazo de encontro para a colaboración entre tres administracións, a administración do Estado, a Xunta e o Concello de Santiago. O principal obxectivo do Consorcio é preservar e revitalizar o patrimonio cultural desta cidade. O termo “patrimonio” inclúe o legado material, inmaterial e mesmo o natural. O traballo realízase para transmitirlle todo este patrimonio ás xeracións futuras. Por outra banda, a cidadanía pode ver reflectido o traballo do Consorcio a través dos seus programas de actuación. Temos un programa de mantemento, recuperación e rehabilitación urbana e creamos outro programa, pero leste de dinamización cultural. A través deste último estamos presentes en toda a vida cultural de Santiago, un modo de darlle máis vida á cidade. Estas iniciativas pódense financiar a través de subvencións por exemplo o Programa Conciencia, Cineuropa ou tamén Música en Compostela, só por pór uns exemplos. 

 

O principal obxectivo do Consorcio é preservar e revitalizar o patrimonio cultural desta cidade
 

-Música en Compostela ou Cineuropa son moi coñecidos pero quizá o Programa Conciencia non tanto. Podería describir a finalidade deste último?

É un programa mediante o cal subvencionamos á USC e ten por obxecto atraer personalidades do mundo da ciencia que obteñan o Premio Nobel. A súa presenza serve para dar charlas e conferencias ademais de coñecer Santiago. A última charla realizouna Kip S. Thorne, premio Nobel de Física en 2017.

 

-Actualmente, a presidencia do Consorcio osténtaa Goretti Sanmartín. Son os e as alcaldesas quen presiden este organismo ou hai rotación? Por outra banda, que diferenza existe entre o Real Padroado e o Consorcio de Santiago?

Tal como estipulan os estatutos do Consorcio este é presidido polo ou a alcaldesa de Santiago de Compostela. Sobre a segunda cuestión, o Consorcio é a estrutura administrativa para que o Real Padroado poida desenvolver os seus obxectivos, funcións e finalidades. 

 

 

 


 

-Volvendo un pouco ao principio, cales son os principais pasos que se dan para a revitalización de Santiago ademais dos programas que me citou?

Basicamente, na rehabilitación e recuperación urbanas temos dous programas moi interesantes. Un é “A Pedra que Pisas”, trátase de realizar accións de conservación e mantemento de todas as pedras colocadas nas rúas do centro histórico de Santiago. Ano tras ano invístense uns 200.000 euros e desde que se empezou o programa investíronse máis de 3 millóns de euros. Existe outro programa de axudas para a rehabilitación de vivendas particulares, o programa chámase “Ter e Manter”, o prazo para presentar instancias xa finalizou en xuño deste ano. En total, invístense 100.000 euros para realizar cambios de materiais, mellora dos envolventes dos edificios e dos enrejados. Tamén estamos a realizar unhas accións importantes no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e aí habemos recuperato toda a cuberta e a carpintaría exterior. Ademais, estamos apunto de licitar outra actuación na Facultade de Historia na súa biblioteca. Tamén estamos no desenvolvemento da plataforma de repartición loxística da Zona Histórica para tratar reducir o tráfico de mercadorías e o volume de emisións de CO2. 

 

-Aínda así, está a pensarse nunha promoción a maiores para rehabilitar casas para que a xente poida seguir vivindo na zona histórica?

A liña de axudas que comentei vai dirixida ás vivendas, sobre todo residenciais, para conseguir que as mesmas poidan estar nas mellores condicións de habitabilidade e poidan ser usadas por aquelas persoas que desexen vivir na área histórica. É un programa aplicado desde hai varios anos e que se beneficiou dun investimento de catro millóns de euros para manter en condicións axeitadas as vivendas de Santiago. 

 

Buscamos o desenvolvemento da plataforma de repartición loxística da Zona Histórica para tratar reducir o tráfico de mercadorías 

 

 

 

 

-Cre que o comportamento dos turistas é respectuoso co patrimonio artístico e monumental de Santiago?

Non temos constancia de actos realmente vandálicos e continuados na cidade de Santiago. Si é verdade que non deixa de preocupar que en ocasións leven adiante ese tipo de actos que demostran descoñecemento dos valores históricos e culturais da cidade, se se coñecesen eses valores serían máis respectados. Débese traballar na concienciación e na sensibilización sobre todas as persoas que nos visitan e así sexan conscientes de estar nunha cidade declarada Patrimonio da Humanidade. Todos os espazos, edificios e monumentos históricos deben ser coidados e respectados, ao mesmo tempo débese respectar aos e as habitantes da Zona Histórica quen contribúen a que a mesma siga mantendo os seus valores. 
 

-É posible compatibilizar o vivir dentro do casco antigo co turismo?

Nós traballamos para que sexa compatible e niso os nosos esforzos van dirixidos a que a cidade e o seu patrimonio histórico manteñan os valores polos que Santiago foi declarada Patrimonio da Humanidade. Nese sentido, todas as actuacións que mencionei van na liña de mellorar as condicións para que a xente poida vivir no centro histórico e facer as súas compras de proximidade en locais instalados na zona antiga. Desta forma queremos que poidan convivir tanto os peregrinos que nos visitan coa vida das xentes que viven no centro histórico. 

 

Débese traballar na concienciación e na sensibilización do valor histórico desta cidade
 

-Existe ou se está estudando algún tipo de programa para levar adiante esta coexistencia?

Todos os programas que antes comentei céntranse en fomentar esa convivencia, incluso a plataforma loxística van na liña de facer máis atractiva a parte histórica para que a xente viva e siga vivindo nela. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE