Xa hai horarios para o Caudal Fest: Nathy Peluso despide o verán festivaleiro en Galicia
O Caudal Fest reunirá no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos a algúns dos artistas máis reclamados do panorama nacional e internacional no último dos grandes festivais do estío en Galicia.Apurando ata a última semana, os organizadores do Caudal Fest publicaron onte nas súas redes sociais os horarios dos concertos dos días 16, 17 e 18 de setembro, unha edición que arrinca o xoves coa actuación de David Prado ás 19:20 horas nunha xornada onde tamén estarán Iván Ferreiro e Love of Lesbian.Xa o venres será a quenda de Toundra ás 18:10, ao que precederán Shinova, Sen Senra e A M.Ou.D.A. Xa o sábado, Kutxi Romero iniciará o último día do festival ás 18 horas, para logo dar paso a Ladilla Rusa, Bad Gyal e Nathy Peluso, que poñerá o punto e final a esta nova edición. Todas as xornadas rematarán ás 00:30 horas.
A artista arxentina clausurará o festival lucense, que arrincará o vindeiro xoves coa actuación de David Prado ás 19:20.
Polo escenario da cidade amurallada pasarán Bad Gyal, Iván Ferreiro, A M.Ou.D.A ou Ladilla Rusa no último gran festival do verán en Galicia.
Nathy Peluso | EP
Foi un verán tan complicado como inesquecible para a maioría, e en Lugo xa traballan para despedilo ao grande. O Caudal Fest reunirá no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos a algúns dos artistas máis reclamados do panorama nacional e internacional no último dos grandes festivais do estío en Galicia.
Apurando ata a última semana, os organizadores do Caudal Fest publicaron onte nas súas redes sociais os horarios dos concertos dos días 16, 17 e 18 de setembro, unha edición que arrinca o xoves coa actuación de David Prado ás 19:20 horas nunha xornada onde tamén estarán Iván Ferreiro e Love of Lesbian.
Xa o venres será a quenda de Toundra ás 18:10, ao que precederán Shinova, Sen Senra e A M.Ou.D.A. Xa o sábado, Kutxi Romero iniciará o último día do festival ás 18 horas, para logo dar paso a Ladilla Rusa, Bad Gyal e Nathy Peluso, que poñerá o punto e final a esta nova edición.
Todas as xornadas rematarán ás 00:30 horas. Con todo, mentres que o xoves a apertura de portas terá lugar ás 18 horas, venres e sábado será a partir das 17 h cando os asistentes poderán empezar a ocupar os asentos do recinto, dividido en seis sectores e que contará con zonas de restauración e áreas para fumadores.
Escribe o teu comentario