Sindicatos do transporte acusan á patronal da Coruña de "inmobilismo" e á Xunta de "pasividade"

 #CIG, UXT e CCOO decidiron solicitar unha mediación no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos laborais (AGA) co oubjetivo de "desbloquear" o conflito do transporte na provincia da Coruña, que o venres alcanzou a súa sétima xornada de folga.A través dun comunicado, o responsable de Transportes da FGAMT-#CIG, Ernesto López, asegurou que con esta acción rexistrada na tarde do venres pretenden coñecer "as intencións reais da patronal".Deste xeito, afeou a actitude tomada polo conxunto empresarial, que tacha de "inmobilismo férreo" e describe como "comportamento anómalo" ao non abrir aínda ningunha vía de contacto: "Ante un conflito desta dureza o lóxico é falar para tentar solucionalo, pero non temos sequera aberta unha mesa de negociación nin ningún tipo de contacto".Da mesma forma, acusou á Xunta de Galicia de permanecer "desaparecida" e de "non importarlle" as condicións do traballo do persoal e a situación dos usuarios de autobús que non poden acceder ao servizo por motivo de folga.Doutra banda, o representante da CIG reiterou a "vontade de diálogo" da parte social para avanzar nun novo acordo que tome en consideración as peticións dos traballadores. 


|

Trabajadores del transporte de viajeros de A Coruña se movilizan en Santiago.
 


#CIG, UXT e CCOO decidiron solicitar unha mediación no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos laborais (AGA) co oubjetivo de "desbloquear" o conflito do transporte na provincia da Coruña, que o venres alcanzou a súa sétima xornada de folga.

A través dun comunicado, o responsable de Transportes da FGAMT-#CIG, Ernesto López, asegurou que con esta acción rexistrada na tarde do venres pretenden coñecer "as intencións reais da patronal".

Deste xeito, afeou a actitude tomada polo conxunto empresarial, que tacha de "inmobilismo férreo" e describe como "comportamento anómalo" ao non abrir aínda ningunha vía de contacto: "Ante un conflito desta dureza o lóxico é falar para tentar solucionalo, pero non temos sequera aberta unha mesa de negociación nin ningún tipo de contacto".

Da mesma forma, acusou á Xunta de Galicia de permanecer "desaparecida" e de "non importarlle" as condicións do traballo do persoal e a situación dos usuarios de autobús que non poden acceder ao servizo por motivo de folga.

Doutra banda, o representante da CIG reiterou a "vontade de diálogo" da parte social para avanzar nun novo acordo que tome en consideración as peticións dos traballadores.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE