'Rapants Club' xa está na rúa e nas pistas de baile

The Rapants lanza o seu novo e esperado álbum esperando un cheo no Multiusos Fontes do Sar.


|

The Rapants 2 u00a9 Andrea Sau0301nchez
The Rapants

 

Os rapantes xa están de novo na estrada. O grupo máis bailongo e "jamberro" da escena galega volven con 'Rapants Club', o seu novo e esperado cuarto disco, co que os de Muros celebran a compañía brindada polos seus fieis ao longo dos anos, onde se han catapultado até ser unha das bandas máis queridas e escoitadas da comunidade. Sen renunciar ao seu estilo pero sen pechar portas, The Rapants lanza este novo traballo cun gran concerto no horizonte.

 

 

BENVIDOS Ao CLUB

Ritmos discotequeros, sintetizadores, letras que che roldan a cabeza durante todo o día...así é este novo disco que incorpora colaboracións de altura como a de Sara Faro, unha das Fillas de Cassandra, Antía Ameixeiras, de Caamaño&Ameixeiras, ou Joe Crepúsculo. 

 

The Rapants u00a9 Andrea Sau0301nchez
The Rapants

 

A través dunha ducia de cancións, xa dispoñibles nas principais plataformas, os muradáns, xa sexa en castelán ou o seu galego con gheada, deixan entrever todas as influencias que os levaron a ser recoñecidos polos seus ritmos discotequeros, pero tamén por ser capaces de pór en palabras sentimentos complexos ou sensacións universais, algo que xa puidemos ver en 'Viaxei' e 'Non sei como', adiantos desta nova aventura. 

 

 

Os rapantes non teñen teito nin meta, pero si unha primeira pedra de toque: sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar, que proxecta estar cheo até a bandeira despois de colgar o cartel de 'Sold Out' e, ante as solicitudes, ampliar un pouquiño máis o aforamento coas últimas entradas en despacho de billetes, despois d evender xa máis de 5.200 boletos. Unha gran festa en Santiago para dar o pistoletazo de saída e unir ao Rapants Club. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE