Atrasado unha semana o inicio do curso en Secundaria, Bacharelato e FP en Galicia

A Xunta deu o seu brazo para torcer, pero só en Secundaria, pois Infantil e Primaria empezaron xa esta semana. Hai que lembrar que en cidades sometidas a restricións, como Santiago, a propia Xunta recoñece que son os adolescentes o principal motor dos rebrotes. Onte varias ducias de directores de instituto reclamou o atraso.


|

A Xunta deu o seu brazo para torcer, pero só en Secundaria, pois Infantil e Primaria empezaron xa esta semana. Hai que lembrar que en cidades sometidas a restricións, como Santiago, a propia Xunta recoñece que son os adolescentes o principal motor dos rebrotes. Onte varias ducias de directores de instituto reclamou o atraso.


O inicio do curso en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional (FP) en Galicia atrásase do 16 ao 23 de setembro e seguintes días para poder afrontar os labores de adaptación dos espazos educativos ás medidas de prevención fronte ao coronavirus.


Román Rodríguez


Despois de que varios institutos galegos reclamasen nas últimas horas o atraso da volta ás aulas e tras reunirse coa Xunta Autonómica de Directores de Secundaria, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou que o curso en Secundaria, Bacharelato e FP empezará o día 23 e seguintes por "problemas organizativos" e cunha folga de profesores en marcha


A Xunta di que toma a medida para "converter os espazos educativos en espazos seguros ante o COVID" e poder cumprir o metro e medio de distancia de seguridade.


Román Rodríguez, que retomou a carteira autonómica de Educación o pasado luns, afirmou que se trata de "unha decisión meditada, compartida e exemplo de cogobernanza", que permitirá que o inicio do curso desenvólvase "cunha maior previsión e mellor organización". En todo caso, pide "comprensión" ás familias, consciente de que pode "xerar algunha problemática concreta" no relativo á conciliación.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE