Unha xornalista galega, Laura Duarte, candidata do Pacma a presidenta do goberno
O partido animalista presenta candidaturas na Coruña e Vigo para as municipais
A galega Laura Duarte será a candidata da organización animalista Pacma á Presidencia do Goberno nas eleccións xerais do próximo 28 de abril.
O partido animalista presentou este martes en Madrid as súas candidaturas nun acto no que participaron a presidenta do partido e candidata ao Parlamento Europeo, Silvia Barquero, a candidata ás eleccións xerais, Laura Duarte, e a candidata á Alcaldía de Barcelona, Ana Bayle.
DÚAS LISTAS MUNICIPAIS EN GALICIA
Para as europeas, autonómicas e municipais do próximo 26 de maio, a organización presenta candidaturas en todas as comunidades que celebran comicios e en 23 municipios do conxunto estatal, entre eles, Vigo e A Coruña.
Na cidade herculina a socióloga Mónica Couto encabeza a candidatura de Pacma, mentres que a profesional da sanidade pública Marisa de Ceano lidera a lista en Vigo de Pacma, que duplicou os seus resultados nas últimas eleccións autonómicas celebradas en Galicia en 2016, cando logrou case 15.000 apoios e o 1,04% dos votos.
XERAIS
Ademais, a candidata á Presidencia do Goberno por parte de Pacma tamén é natural de Galicia, aínda que reside en Madrid desde que comezou os seus estudos universitarios.
Laura Duarte, licenciada en Xornalismo e que desempeña os cargos de portavoz, tesoureira e responsable de prensa de Pacma, colabora co partido desde fai oito anos. Agora, lidera a lista ao Congreso apelando a non caer na teoría do "voto útil".
Lana Duarte
LAMENTAN NON TER REPRESENTACIÓN CON MÁIS VOTOS QUE O PNV
Nesta presentación, Bayle deu a coñecer a todos os candidatos desta formación en todas as comunidades autónomas e algúns municipios. Explicou que o criterio para decidir presentar a candidatura de Pacma en só algunhas cidades baséase no respaldo que conseguiu esta formación en anteriores comicios.
Escribe o teu comentario