A intervención de Pedro Sánchez para explicarnos a natureza do estado de alarma foi clara e contundente. Só hai que poñerlle un pero: debeu facela hai xa varios días.
Agora toca que sexa eficaz, e que a perda dun tempo tan valioso non atrase máis do debido a eficacia das medidas adoptadas. Pero, agora mesmo, non é o “tempus” de lamentarse senón de unirse todas e todos na loita pola vida, que é o que nos estamos xogando, especialmente as persoas maiores e os máis débiles fisicamente falando.
Debemos ser responsables coidando de non escenificar excesos públicos, como pasear innecesariamente coma se non pasase nada ou atropelar a outras persoas ao saquear os supermercados empuxando aos demais. O que teña ganas de esmorga que se vaia ao cemiterio e non a pague coa xente que só quere sobrevivir a esta gran traxedia.
Esta pandemia non é un chiste e os que sobran en todo este drama son os imbéciles e os irresponsables. Ou sexa: esa clase de compatriotas que xogan coa vida da xente normal, coas nosas familias e, en resumo, coa vida do próximo.
O venres tocoume ir, como cada día, ao Oncolóxico, e aí vi medo no persoal sanitario porque se lles coaron no seu día a día tres infectados de coronavirus que non eran os enfermos aos que estaban a curar; algún acompañante indebido había causado a catástrofe innecesariamente. Nese momento sentín máis angustia polos médicos e enfermeiras que por min mesmo, e como eu, os outros enfermos que esperabamos na sala de visitas para entrar ás máquinas.
NON hai dereito. Esta pandemia non é un chiste e os que sobran en todo este drama son os imbéciles e os irresponsables. Ou sexa: esa clase de compatriotas que xogan coa vida da xente normal, coas nosas familias e, en resumo, coa vida do próximo. Acabáronse as bromas. Ata aquí chegamos.
Ao Presidente do Goberno só dígolle unha cousa: Xa era hora.
Escribe o teu comentario