SOS Sanidade Pública: "Faltan médicos, enfermeiras, psicólogos, traballadores sociais, etc."

A Plataforma SOS Sanidade Pública chama aos cidadáns e ao persoal sanitario a participar de novo este xoves, ás 12,00 horas, nas concentracións convocadas nos centros de saúde en defensa da mellora da Atención Primaria.

|

As contratacións anunciadas pola Xunta son claramente insuficientes para paliar a crise en Atención Primaria. Baixo esta premisa a Plataforma SOS Sanidade Pública chama a galenos, profesionais e pacientes a concentrase outro xoves ás 12 diante dos centros de saúde.


Médicos de centros de saúde da área da Coruña concéntranse para reclamar

Unha pasada protesta de médicos nun Centro de Saúde da Coruña


A Plataforma SOS Sanidade Pública chama aos cidadáns e ao persoal sanitario a participar de novo este xoves, ás 12,00 horas, nas concentracións convocadas nos centros de saúde en defensa da mellora da Atención Primaria.

Segundo sinalou SOS Sanidade Pública nun comunicado, "a pesar da propaganda despregada pola Administración sanitaria galega seguen case intactos os problemas da Atención Primaria".

Respecto diso, denuncia que os centros de saúde "seguen sometidos aos burócratas das xerencias hospitalaria" xa que, concreta, "as novas direccións de Atención Primaria son un engano". Ademais, esta plataforma considera que "o orzamento deste nivel asistencial segue sendo absolutamente insuficiente para atender as necesidades de saúde da poboación".


NON CHEGA COAS OPES CONVOCADAS

Ademais, insiste en que "falta persoal médico, de enfermería, administrativo, fisioterapia, psicoloxía clínica, logopedia, traballo social, farmacia clínica ou traballo social". "Os aumentos previstos son absolutamente insuficientes e a súa contía enganosa", concreta.

Para SOS Sanidade pública esta situación "tradúcese en consultas masificadas, de escaso tempo por pacientes e atrasos nas citas nos centros de saúde cada vez máis elevadas".

Tamén asegura que "segue as trabas de acceso a recursos diagnósticos" e "o equipamento dos centros é insuficiente", engade SOS Sanidade Pública, que denuncia que el persoal "continúa traballando nunhas condicións laborais precarias con contratos lixo".

Para esta plataforma as negociacións para cambiar a Atención Primaria "volven ser un engano do Sergas para gañar tempo e desmovilizar ao sector". "Só coa mobilización continuada dunha alianza da poboación, co persoal sanitario de todas as categorías, sindicatos e organizacións progresistas, pode poñer fin a esta inaceptable situación", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE