Os críticos de Democracia Ourensá e Cidadáns salvan os orzamentos de Baltar na Deputación de Ourense
Caride culmina a súa traizón a Gonzálo Pérez Jácome aliándose co baltarismo para sacar adiante as contas. Follea, fiel ao alcalde, votou en contra e o PP en represaría quitaralle a Vicepresidencia provincial. Cidadáns tamén se suma ao carro de Baltar e apoia os orzamentos, o que na práctica afasta calquera indicio de moción de censura na Deputación.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, salvou o inicio de tramitación dos orzamentos da institución para o ano que vén co voto favorable do díscolo de Democracia Ourensá e de Cidadáns, fronte á postura en contra do seu vicepresidente Armando Follea, fiel Gonzalo Pérez Jácome, alcalde da capital que vive unha crise tras romper o pacto de goberno.
Esta votación deixa no aire o posto da Vicepresidencia que ocupa Follea, posto que Baltar xa avisara de que se votaba en contra das contas da institución provincial non podería seguir ocupando este posto por falta de confianza. Quen si votou a favor foi o representante que exerceu como portavoz de Democracia Ourensá, José Miguel Caride, quen se enfrontou a Jácome no Concello de Ourense.
Con todo, Baltar non necesitaría sequera os votos dos seus socios de goberno, posto que a representante de Cidadáns, Monte Lama, votou favorablemente aos orzamentos por, segundo as súas propias palabras, "responsabilidade" cos cidadáns, "igual" que en Xinzo de Limia, cando apoiou as contas de socialistas e nacionalistas, aínda que "non necesitaban" o seu voto.
Escribe o teu comentario