O novo director do grupo de Faro de Vigo e La Opinión será Jesús Echevarría, proveniente de Inditex
A compañía asegurou que Echevarría "impulsará o posicionamento e a área de negocio nunha rexión de profundo arraigamento e relevancia estratéxica para o grupo"

O grupo de comunicación Prensa Ibérica nomeou a Jesús Echevarría novo director xeral da compañía en Galicia, onde edita xornais como 'Faro de Vigo' ou 'La Opinión de A Coruña' e adxudicouse recentemente 'El Correo Galego'.
Tal como indicou a empresa, cunha "dilatada" traxectoria e un "profundo" coñecemento do sector, Echevarría impulsará o posicionamento e a área de negocio nunha rexión de profundo arraigamento e relevancia estratéxica para o grupo que preside Javier Moll.
O novo directivo foi durante os últimos 17 anos director xeneral de Comunicación e Relacións Institucionais do Grupo Inditex, desde onde se responsabilizou da política global da imaxe da empresa, das súas mensaxes corporativas, dos vínculos institucionais nas áreas onde desenvolve a súa actividade e da súa consistencia reputacional.
Echevarría sinalou a "enorme sedución e gran responsabilidade que supón unir ao grupo de comunicación de maior crecemento en España no seu ambicioso proxecto global, particularmente en Galicia, co enrome potencial existente desde o punto de vista profesional e humano".
Pola súa banda, o actual director xeral, Isidoro Nicieza, que exerceu o cargo durante 14 anos, dedicarase a partir de agora en exclusiva á súa outra responsabilidade no grupo, a de director xeral de Contidos de todas as cabeceiras de Prensa Ibérica.
Escribe o teu comentario