Normalizando o extraordinario

Lorena Pasandín Valeiro


Graduada en Psicología (USC), Máster en Piscología General Sanitaria (UIMP) y Máster en Profesorado (USC). Tras su paso por varias asociaciones y gabinetes ha obtenido experiencia clínica y educativa en niños y adolescentes, así como también en adultos. Profesora de talleres y formación en violencia de género e igualdad y del programa de igualdad y afectivo-sexual en institutos y colegios de la provincia de A Coruña.


Esta nova normalidade onde o illamento social é un dos elementos crave pode estar a ser moi confusa. Tamén para as nosas emocións, sentimentos e sensacións. É frecuente (e totalmente normal) sentir que esta situación non é real, ter a sensación de estar a vivir como nunha película e mesmo chegar a exporse se de verdade está a ocorrer todo isto. Tamén o é enfadarse, cos demais, connosco/as mesmas ou coa propia situación.


Estas sensacións e emocións forman parte dun proceso de duelo. En contra do que comunmente se pensa, o duelo non se presenta unicamente coa morte dun ser querido. O duelo é un proceso de adaptación a unha nova situación vital, normalmente marcada por un feito concreto, que supuxo un cambio moi drástico con respecto á situación previa, un cambio negativo ou prexudicial para nós física, emocionalmente ou ambas.


No duelo podemos describir as seguintes etapas, polas quizais algún/a de vostedes está a pasar e sente identificado/a:



  • Unha etapa de negación, na cal vivimos a situación coma se realmente non pasase, un estado de shock no que mesmo poderiamos chegar a negar a existencia do suceso ocorrido.
  • Unha etapa de ira, na cal nos enfadamos e podemos tamén frustrarnos. Nesta etapa é frecuente estender o enfado a outras situacións e persoas que non teñen que ver co ocorrido, enfadarnos por non velo vir ou mesmo culparnos por non facer nada respecto diso. Estas sensacións son totalmente normais, forman parte do proceso.
  • Unha etapa de negociación. O nome pode levar a desconcerto, pero non é máis que unha especie de autoengano, no cal fantaseamos con ter o control maioritario da situación ou mesmo a posibilidade de reverter o proceso.
  • Unha etapa da depresión. Nesta etapa afloran os pensamentos negativos e catastrofistas. O suceso percíbese real e a tendencia é a pensar de forma continuada na cantidade de consecuencias negativas que supón.
  • Unha etapa de aceptación. Esta etapa non se adoita vivir con tanto malestar como as anteriores. É o momento no que aceptamos que o proceso ocorreu, con certa serenidade e unha perspectiva máis realista, na que podemos empezar a buscar formas reais e efectivas de afrontamiento para a nova situación que se nos presenta.



É importante que saiban que dada a situación actual é completamente normal fluctuar dunhas emocións a outras, sentir ira e logo tristeza, crer que nada volverá ser igual ou mesmo, que o que está a pasar non é real. Se senten identificados co escrito, o máis probable é que estean a pasar un proceso de duelo. Aínda que o vivan con malestar e desconcerto, é normal e será pasaxeiro.


Tamén é normal sugestionarse e notar síntomas no corpo relacionados co coronavirus. Tosemos unha vez e as alarmas dispáranse, empezamos a autoexaminarnos constantemente para comprobar se volvemos a toser, se o facemos con máis forza, se notamos a tose máis seca. Todo iso, é moi normal. En casos como ese, o que debemos facer é tratar de distraernos con outra actividade que absorba a maior parte da nosa atención e esperar un tempo prudencial para ver se realmente eses síntomas persisten ou non.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE