España precisa dun poder xudicial acorde cunha democracia avanzada. Tamén de medios de información e opinión libres, independentes e críticos, non daqueles que contribúen diariamente a enlamar
Pois si. Finalmente Pedro Sánchez atende ao sentir maioritario e decide seguir como Presidente do Goberno español. Era politicamente o máis lóxico e coherente aínda que hai que aceptar que todo ser humano ten os seus límites, polo que resultaba comprensible que dera algúns sinais de fraqueza máis psicolóxica e física que política.
Como sinalamos repetidamente nestas páxinas e tamén o fixeron moitos medios de comunicación e opinión os ataques das cavernas política, xudicial e mediática contra Pedro Sánchez, os dirixentes das esquerdas e o Goberno de progreso están sendo brutais e claramente facinorosos. Claro que con o que seguramente non contaban aquelas era coa reacción da sociedade civil dos pobos de España cando senten que lle queren facer retroceder décadas, que os riscos de perder parcelas de liberdade, espazos de benestar, melloras laborais e sociais, avances na igualdade e na loita contra a corrupción son reais por que as “forzas da escuridade” seguen ahi.
Por que seguramente que non menos influencia nesta nova decisión de Pedro Sánchez tivo a actitude soberbia, prepotente e despectiva das dereitas extremas (PP, Vox). Para alguén tan combativo como Pedro Sánchez escoitar a Alberto N. Feijoo dicir cousas como que “representaba o pasado” seguramente que foi un revulsivo para seguir. Unhas declaracións que sumadas a outras volveron a poñer en evidencia o nulo perfil de estadista de Feijoo así como a súa torpeza sen esquecer os seus malos modos. Malos modos que lle levan a ir de derrota política en derrota política como ven de suceder agora e que seguramente se repetirá nas vindeiros eleccións catalás.
Como lecturas políticas relevantes cabe reflectir as seguintes: que na sociedade civil non son poucos/as os/as que valoran moi positivamente as moitas medidas de progreso aprobadas por este goberno que preside Pedro Sánchez. Os/as mesmos/as que non queren que regresen ao poder as que anteriormente chamaba “forzas da escuridade”. Volvese a poñer en evidencia como as dereitas extremas con os seus ataques ao goberno de progreso o que realmente conseguen é unir, por riba das diferencias, as distintas forzas que o apoian que rematan poñendo por diante o que as une fronte ao que as separa: non cabe dúbida que, por caso, as forzas soberanistas prefiren un goberno presidido por Pedro Sánchez que un por Núñez Feijoo.
Outras lecturas serían algo moi repetido como que as esquerdas deben madurar e deixar dunha vez de pelexar como si estiveran nun patio de colexio para priorizar o interese común sobre o lexitimo interese partidario. Os soberanistas, especialmente os cataláns, xa saben que con Pedro Sánchez na Moncloa se pode avanzar mais en soberanía que coa dereita extrema. Que este goberno de progreso, como se puxo de manifesto nestes días, debe falar e escoitar mais a cidadanía e abrir canles a súa participación para o cal os partidos que o forman deben democratizarse. Tamén debe entender que as forzas soberanistas son imprescindibles para avanzar en democracia. Finalmente que hai que avanzar mais e mais rápido en progreso, benestar social, igualdade, xustiza, equilibrio territorial, vivenda, medio ambiente......que non cabe dar marcha atrás.
Falando de reformas pendentes hai dúas que nestes días volveron a quedar en evidencia: a xudicial e a mediática. España precisa de un poder xudicial acorde cunha democracia avanzada. Tamén se precisa de medios de información e opinión libres, independentes e críticos, non daqueles que contribúen diariamente a empezoñar a vida política.
Escribe o teu comentario