Sergas

Ingresada do CHUO con queimaduras graves tras incendio en Psiquiatría
Unha paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) resultou con queimaduras graves debido a un conato de incendio que ela mesma provocou na Unidade de Agudos de Psiquiatría.
Centos de persoas celebran a marcha do xerente do Hospital de Verín ,quen insiste en que non se debe ao peche do paritorio

Os críticos co SERGAS parodian a Feijóo e á súa parella (vídeos), que deu a luz na privada, e lémbranlle ao presidente que o paritorio público segue pechado. O dimisionario Miguel Abad, pola súa banda, desvincula a súa marcha da rectificación do presidente, quen primeiro dixo que o paritorio pechábase por motivos de seguridade e agora quere reabrilo se encuntra dous pediatras.

Centos de persoas celebran a marcha do xerente do Hospital de Verín quen insiste en que non se debe ao peche do paritorio

Os críticos co SERGAS parodian a Feijóo e á súa parella (vídeos), que deu a luz na privada, e lémbranlle ao presidente que o paritorio público segue pechado. O dimisionario Miguel Abad, pola súa banda, desvincula a súa marcha da rectificación do presidente, quen primeiro dixo que o paritorio pechábase por motivos de seguridade e agora quere reabrilo se encuntra dous pediatras.

Dimite o xerente do SERGAS que defendeu que pechar o paritorio de Verín era unha mellora para o rural
O xerente do Hospital de Verín (Ourense), Miguel Abad, deixou este venres o seu cargo "de mutuo acordo" co Servizo Galego de Saúde por "motivos estritamente persoais", segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade.
"Coa nosa saúde non se xoga!" reclaman ao SERGAS nenos sen pediatra fixo en Ferrolterra (vídeo)
Un colectivo de pais e nais de oito municipios de Ferrolterra gravaron un vídeo para reclamar servizos de pediatría para máis de 3.000 nenos da zona.
Máis persoal no 061 ante o previsible aumento de accidentes e intoxicacións por Nadal
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 destacou que reforza, un ano máis, o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan en Galicia sexa a adecuada durante o Nadal.
Feijóo dá por feito que reabrirá o paritorio de Verín, se atopa pediatras
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu este luns que o paritorio do Hospital de Verín (Ourense) abrirá "en 24 horas" no momento en que haxa pediatras para atender aos recentemente nados e cóntese co "visto e prace" da profesionais da área na materia.
Feijóo é "o culpable" de que non haxa pediatras, responden varios colectivos sanitarios

O presidente xustificou o peche do Hospital de Verín primeiro alegando á súa inseguridade e despois enarborando que non había pediatras que o SERGAS puidese contratar. 

Feijóo: "En 24 horas repoñeranse os partos en Verín...cando haxa pediatras suficientes"
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou con dureza contra a oposición, á que acusou de "xogar coa vida e a seguridade dos bebés que nacen en Verín (Ourense)", o que cualificou de "lamentable".
Necesítase sangue de tres tipos para os hospitais galegos
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) convidou aos cidadáns para participar na campaña 'Nadal 2019' e, deste xeito, "sumarse ao seu equipo", tal e como reza o lema desta iniciativa.
Manifestación contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais como o de Verín
A plataforma SOS Sanidade Pública acordou fixar para o próximo 9 de febreiro a "gran manifestación" que celebrarán en Santiago de Compostela para protestar contra o "desmantelamento" dos hospitais comarcais, a "deterioración da atención primaria" e a "precariedade laboral" do persoal sanitario. A protesta será a partir das 12,00 horas con saída desde a Alameda.
O TSXG ordena a inclusión de máis de 20 mil traballadores da sanidade pública na carreira profesional

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia celebra que os máis de 20 mil profesionais da sanidade pública sexan incluídos na carreira profesional do SERGAS, así como das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Se ningún hospital comarcal galego chega aos 600 partos ao ano, por que Verín é o único sen pediatras en persoal?

A medida aplicada o Verín podería ser extensible aos hospitais de Barco de Valdeorras, Monforte, Burela, Cee, Barbanza e O Salnés correrán a mesma sorte, como advertiu no seu día 'Batas Brancas’. Á súa vez, Feijóo supedita a reapertura do servizo para cubrir as prazas convocadas en pediatría. E mentres todo isto sucede, os partos seguen sendo noticia en Verín, pero non pola súa ausencia, ata o punto de que os médicos tiveron que atender un parto de urxencia, aínda que pouco despois o bebé foi separado da súa nai e trasladado ao CHUO.

Oposicións "inmediatas" no SERGAS con 1.057 prazas
O Sergas e organizacións sindicais aprobaron este venres en mesa sectorial as bases da convocatoria de procesos selectivos en diversas categorías de persoal estatutario e a convocatoria "inmediata" dunha oposición con 1.057 prazas en diversas categorías.
A sanidade privada galega xa fai case una de cada tres operacións con hospitalización e atende un terzo das urxencias
"Unha sanidade que se presta con demoras e atrasos non se pode dicir que é de calidade", explican, á vez que instan a "superar debates"
Feijóo contrataría un pediatra para Verín "antes de comer" e a CIG di que non hai por culpa do SERGAS
O presidente reitera que, se hai pediatras e partos non complicados, entende que os profesionais recomendarán reabrir o paritorio
Así é a crise da sanidade no rural: O SERGAS non atopa médico substituto para A Pastoriza

Hai que lembrar a dificultade que hai para atopar facultativos substitutos, tanto en Galicia como no resto de España, pola falta de profesionais nas listas de contratación", explican desde a EOXI. A Xunta pon énfase que se cubriu de "forma permanente" a xubilación dun médico "ata a baixa do substituto".

​A Xunta non atopa "precedentes” sobre a negativa dos médicos de familia de Vigo de formar novos MIR

Feijóo trasladou a este medio que desde o Goberno de Galicia non teñen “confirmación” da decisión dos médicos de familia de negarse a seguir formando MIR, pero mostrou a súa preocupación por este feito do que non atopou “precedentes” a nivel nacional. 

O paritorio de Verín resístese a desaparecer: parto de urxencia esta madrugada
Nai e fillo estiveron "separados" porque o bebé foi trasladado ao CHUO "inmediatamente" despois de nacer
"Sen pediatra ata despois de Reis" e esperas dunha semana para o médico de familia

Cinco asociacións de veciños do Concello da Pastoriza denuncian o "cinismo" da Xunta cando fala de apoio ao rural. Os habitantes de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira sinalan que esperan "ata unha semana" para ver ao médico de atención primaria. As súas fillas e fillos téñeno aínda peor. Debido á baixa do pediatra que acudía dous días á semana ao seu Centro de Saúde, non haberá médico alí para os menores "ata despois de Reyes".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE