O biólogo Pedro Alonso presenta en Santiago o seu libro 'A Fraga Esborrallada'

Presentación do libro “A fraga esborrallada”, un traballo que recolle experiencias do traballo de campo dun biólogo e os sentimentos que lle producen os lugares aínda preservados dos antigos bosques e fragas autóctonos. Durante a presentación, que se realizará o 21 de febreiro, estarán xunto ao autor Elvira Cienfuegos e Joám Peres

 


|

Pedro Alonso (1)
Pedro Alonso 

 

O monte galego mudou moito e moi axiña en cincuenta anos, quizais por iso Pedro Alonso denomina “cápsulas do tempo” ou “cámaras hiperbáricas” as pegadas que aínda se poden ver do que, hai tempo, era o manto que cubría Galicia até chegado o século XX.


 

Isto é o que recolle 'A Fraga Esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos' (Toxos Outos), un libro para coñecer os camiños percorridos polo seu autor, biólogo de fomación e vocación, sobre os montes e espazos naturais que conforman o territorio.


 

Pedro Alonso tamén mostra como naceron os primeiros movementos ecoloxistas en Galicia durante os 70 e 80, un momento de incertezas e reclamacións sobre o expolio do medio natural que se viña realizando impunemente desde o franquismo. Medio século vai xa e as cousas parecen non ter mudado. O lobo practicamente é un “proscrito”, antigas explotacións mineiras poñen en perigo a vida do medio rural e das persoas, factorías contaminantes que parecen non querer pechar nunca, ou si mais deixando restos contaminados para o resto dos séculos, parece.


 

A día de hoxe, Galicia enfronta desde o local o avance descontrolado do eucalipto, a permanencia de Ence na ría de Pontevedra, o intento de levantar o proxecto Altri en Palas de Rei e, desde o global, un cambio climático irreversible e que moitos non gustan de, polo menos, amortecer.


 

'A Fraga Esborrallada' chama a recordar por que naceron aqueles movementos ambientalistas ou ecoloxistas, cales foron as súas motivacións e mirar os resultados. O mesmo autor apuntaba que parecen pesar máis os fracasos nese terreo e, con todo, a defensa do monte, da fauna salvaxe e das diferentes formas de vida (incluídas as de explotación racional dos espazos naturais) segue aí, con colectivos veciñais, movementos de persoas concienciadas e protestas masivas.


 

Pedro Alonso presentará o seu libro 'A Fraga Esborrallada. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos' o sábado 21 de febreiro ás 12 do medio día na compostelá “Casa do Taberneiro”, na Rúa de San Pedro. Estará acompañado por Elvira Cienfuegos, quen foi concelleira en Santiago e Joám Peres, de Causa Galiza.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE