O Museo Gaiás celebra unha viaxe sensorial por un século de arte galega
A Cidade da Cultura de Santiago inaugura a finais de febreiro a exposición ‘As estacións do ano na arte galega dúas séculos XX e XXI’
O Museo Gaiás transformarase nun gran espazo sensorial para explorar como as estacións do ano inspiraron aos artistas galegos do último século. Luz, cor, son e textura acompañarán ás máis de 80 obras seleccionadas, co obxectivo de achegar a arte contemporánea ao público desde unha perspectiva emocional e multisensorial.
A mostra reúne a 63 creadores de distintas xeracións, desde referentes históricos como Castelao, Luís Seoane, Eugenio Granell, Laxeiro ou María Antonia Dans, até nomes contemporáneos como Francisco Leiro, Antón Lamazares, Manolo Paz, Berta Cáccamo ou Menchu Lamas. Tamén participan artistas emerxentes como Mar Vicente, Rosendo Cid, Lois Patiño, Noa e Lara Castro de Lema, Berio Molina, Mar Ramón Soriano e Pablo Barreiro, que representan o presente e futuro da arte galego.
Un encontro de coleccións galegas
As obras proceden de Afundación, Abanca, o CGAC, os museos da Coruña, Pontevedra e Lugo, ademais da Fundación María José Jove, a Fundación Luís Seoane, a Fundación Granell e as galerías Nordés e Trinta. A exposición busca mostrar a riqueza da arte feito en Galicia desde unha mirada contemporánea e envolvente.
‘As estacións do ano na arte galega’ permanecerá aberta durante varios meses no Museo Gaiás, cun programa de visitas guiadas e actividades complementarias.
Escribe o teu comentario