Accidentes laborais: traballador ferido en Teo ao caer polas escaleiras; obreiro trasladado ao CHUAC por outra caída
Outro traballador, ferido despois de sufrir unha caída por unhas escaleiras en Teo
O operario trasladado ao hospital coruñes caeu dunha altura duns catro metros cando traballaba nunha obra na rúa Independencia.
O traballador ferido en Teo, parte dunha empresa de distribución de bebdias, caeu polas escaleiras dun local. Por outra banda, en Toén, Ourense, os equipos de emerxencia asistiron a un home que caeu desde un muro.

Un operario tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras caer desde uns catro metros de altura mentres traballaba nunha obra na rúa Independencia da cidade da Coruña.
Segundo informou o 112 Galicia, foi sobre as 10,00 horas cando os xestores de urxencias recibiron a alerta. Até alí desprazáronse os servizos sanitarios, que trasladaron ao home ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
No operativo tamén participaron axentes da Policía Nacional e informouse aos axentes da Policía Local e a Protección Civil, aínda que non foi necesaria a súa intervención.
CAE UN TRABALLADOR EN TEO (A Coruña)
Pola súa banda, un traballador dunha empresa de distribución de bebidas caeu polas escaleiras dun local situado na travesía de Montouto, en Cacheiras, Teo (A Coruña).
Por iso, deuse aviso á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil, ademais da os servizos sanitarios. Ao presentar unha lesión grave na perna, o home foi trasladado tamén a un centro hospitalario.
FERIDO EN TOÉN
Así mesmo, outro home resultou ferido tras caer desde o alto dun muro en Toén (Ourense). En concreto, o incidente foi rexistrado no lugar de Puga e, aínda que inicialmente foi mobilizado un helicóptero medicalizado, ao final o home foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.
O 112 Galicia recibiu a chamada duns particular minutos antes das 12,00 horas, explicando que unha persoa caera desde un muro duns tres metros de altura.
No operativo participaron os membros do GES de Ribadavia, da Garda Civil de Ourense e de Protección Civil.
Escribe o teu comentario