A súa aposta política por posturas de dereita extrema en multitude de asuntos ( inmigración, pensións, igualdade, paz...) e o seu trato despectivo ao resto de partidos afastan a posibilidade de que forzas democráticas de centro (PNV) e/ou de centrodereita (JxCat) lle poidan prestar o apoio
Cabería preguntarse como é posible que Pedro Sánchez siga na Moncloa logo do caso de corrupción que golpeou duramente ao seu partido (PSOE) e a el mesmo na súa credibilidade como dirixente político progresista.
A resposta hai que buscala en varias evidencias. A primeira, e poida que a mais importante, está en que o goberno de progreso (PSOE/Sumar) que el preside ten feito moitas cousas boas polas maiorías sociais (empregos, salarios, pensións, benestar social,....) obtendo paralelamente excelentes resultados macroeconómicos (PIB, rendas, déficits e débedas....) tales que sitúan a España como referente na Unión Europea e que, xa que logo, non se poden ocultar por moito que as dereitas (políticas, mediáticas, xudiciais....) as intenten tapar co seu barullo e as súas trolas.
A segunda, que entre los apoios externos do goberno vai gañando peso a conciencia de que tanto este como o presidente (Pedro Sánchez) están sendo obxecto dun brutal ataque polas forzas escuras que non ten unha xustificación e que non debera ter lugar nun sistema democrático. Un ataque que en realidade é un ataque a democracia que busca debilitala e tirar por terra os avances conseguidos nestas dúas últimas lexislaturas. Un ataque que de ter éxito suporía un retroceso de décadas.
Estas dúas evidencias sumadas a que deixo para o final explican tamén que, a pesar das importantes diferencias, os partidos que apoiaron a moción de censura triunfante (PNV, JxCat, Podemos, BNG....) continúan apoiando o goberno de quenda (PSOE + Sumar) por seren conscientes de que, hoxe por hoxe, a alternativa e moito peor para Cataluña, Pais Vasco, Galicia e o conxunto dos pobos e os cidadáns de España. Tamén para eles mesmos como partidos.
Finalmente resulta cada día mais evidente que os actuais dirixentes das dereitas españolas (PP, Vox) non son quen de aglutinar o redor deles unha maioría parlamentaria que mediante unha moción de censura que lles abra a porta a un goberno alternativo. A súa aposta política por posturas de dereita extrema en multitude de asuntos ( inmigración, pensións, igualdade, paz...) e o seu trato despectivo ao resto de partidos afastan a posibilidade de que forzas democráticas de centro (PNV) e/ou de centrodereita (JxCat) lle poidan prestar o apoio parlamentario que noutras lexislaturas si lle prestaron.
As dereitas españolas (PP/Vox), como o coronel de Garcia Márquez, non teñen quen lles escriba..... Non teñen quen lles escriba por que ninguén quere formar parte do seu relato....... moito menos camiñar con elas. Si as dereitas españolas non teñen quen lles escriba, á Núñez Feijóo estanselle acabando as balas ao tempo que cada vez se lle ve máis espido.
Escribe o teu comentario