“Solo le pido a Dios
Que la guerra no me sea indiferente
Es un monstruo grande y pisa fuerte
Toda la pobre inocencia de la gente”
O ataque conxunto dos Estados Unidos e Israel a Irán é un novo crime de guerra -non conta con aval das Nacións Unidas e non se pode xustificar como lexítima defensa- como o foi a invasión de Ucraína por Rusia, o xenocidio de Gaza por Israel ou a intervención militar e o secuestro de Maduro en Venezuela por parte dos Estados Unidos entre outros.
Un ataque que se produce cando tanto Donald Trump como Benjamin Netanyahu -ambos poden ser cualificados como criminais de guerra- atravesan por serias dificultades no seu patio interior, con uns niveis de aceptación entre as respectivas cidadanías moi baixos parece evidente que con esta ofensiva militar criminal intentan calar a contestación interna. Veremos si o conseguen pero non esquezamos que no caso dos Estados Unidos e neste ano celebraranse eleccións ao Congreso -para a súa renovación na totalidade- e o Senado -que se renovará un terzo- e hai serios indicios que apuntan a unha moi probable derrota do partido Republicano o que significará que Donald Trump tería que gobernar o resto da lexislatura cunha maioría demócrata en ámbalas dúas cámaras. Israel celebrará igualmente eleccións parlamentarias neste ano que poden tamén cambiar o escenario político israelí e non esquezamos que Netanyahu ten pendente un xuízo que o pode levar a cadea da que se ven salvando grazas a estar aforado.
Por parte de Donald Trump e a oligarquía que o apoia hai tamén outra razón poderosa que seguramente está detrás do ataque a Irán: China. É sabido que Irán forma parte dos BRIC, a alianza internacional que esta cuestionando seriamente o vello orden internacional que durante décadas liderou Estados Unidos. Con este ataque militar trataríase así, como pasou con Venezuela, de restarlle aliados a China no seu particular duelo polo liderado mundial quitándolles aos BRIC un socio moi relevante no mercado enerxético (petróleo, gas...).
Tampouco debemos ignorar a rivalidade entre Israel e Irán na súa competencia por liderar Oriente Medio. Debilitando mediante a forza ao réxime iraniano os plans imperialistas de Israel na rexión atoparán maior acomodo e maiores facilidades. Israel ademais deste obxectivo tería outros a maiores como que o ataque a Irán consiga que a mirada internacional xa non estea posta nas barbaridades que está cometendo en Gaza e Cisxordana o que lle permitiría avanzar con maior liberade na súa operación de limpeza étnica en Palestina. Tampouco debéramos ignorar que este ataque a Irán prodúcese non momento en que a xa crónica inestabilidade na rexión veuse ampliada pola guerra entre Paquistán e Afganistán o que lle da un maior carácter de impredicible ao futuro inmediato de Oriente Medio.
Seguramente que con este ataque militar o réxime iraniano quedará moi debilitado. O que xa non está tan claro é que consigan derribalo pero o que si vai provocar é que o sentimento antioccidental medre aínda mais en esa zona o que non vaticina nada bo na loita contra o terrorismo.
Donald Trump, agora co apoio do Israel, segue na sua campaña por derribar a vella orde internacional ao tempo que impide que xermine a nova que se estaba albiscando. E posible que consiga o primeiro obxectivo e o vello orde pasa a mellor vida, o que xa é mais dubidoso e que consiga o segundo. Pero do que non hai dúbidas é que con esta acción militar en Oriente Medio, o nsimo ataque que recibe esta rexión por parte do Imperio estadounidense -Afganistán (2001), Iraq (2003), Libia (2011), Siria (2016), Somalia (2020), Iemen (2025), Gaza (2025), Irán (2026)- vai conseguir que Oriente Medio se converta nunha auténtica polvoreira, si non o é xa.
Deixo para o final dúas leccións terribles que se derivan deste ataque militar. A primeira que o dereito internacional está ferido do morte polo cal a partir de agora calquera pais se o pode saltar: que dirían Estados Unidos e Europa si a continuación China invade Taiwan?, que poden dicir agora de Rusia e a súa invasión de Ucraína?. A segunda que, en contra do que se declara esta guerra vai a alimentar a carreira armamentística e sobre todo a proliferación de armas nucleares: atácase a Irán a pesares de que non ter armamento nuclear que si teñen, por caso, Israel, Paquistán, Arabia Saudí, Turquía e Corea do Norte a quen no se lle cuestiona esa opción. Ergo, ter armamento nuclear garanta non ser atacado polas grandes potencias militares. Se lle está marcando un camiño aos países pequenos e medianos que, con razón, teman un ataque das grandes potencias: poden evitalo si se dotan de armamento nuclear.
Escribe o teu comentario