"Colpaso" de urxencias no hospital de Santiago, denuncia asociación de pacientes e nega o SERGAS

Oito pacientes esperando nos corredores, incluído "un paciente terminal que permaneceu máis dunha hora no corredor" antes de pasar a observación. Así describe a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS a imaxe, remitida por "un usuario", da situación nas Urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago o xoves ás 14:20 horas. En opinión do SERGAS unha "foto fixa" dun instante que non reflicte a realidade dun servizo que responde no tempo adecuado.


|

Oito pacientes esperando nos corredores, incluído "un paciente terminal que permaneceu máis dunha hora no corredor" antes de pasar a observación. Así describe a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS a imaxe, remitida por "un usuario", da situación nas Urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago o xoves ás 14:20 horas.  En opinión do SERGAS unha "foto fixa" dun instante que non reflicte a realidade dun servizo que responde no tempo adecuado.


A Asociación engade que o problema empeorou pola tarde e ás 16:58 había 10 enfermos "amontoados no corredor" e "11 pacientes amontoados na área de traballo á espera de subir a planta".


Pacientes nos corredores de urxencias do CHUS o 2 de enro nunha foto remitida pola Asociaciu00f3n de Usuarios


Pacientes nos corredores de urxencias do CHUS o 2 de enro nunha foto remitida pola Asociación de Usuarios


RESPOSTA DO SERGAS

Unha versión que desmenten desde fontes oficiais da Xerencia do CHUS consultadas por Galiciapress. "Os datos enviados na nota enviada pola Asociación de Pacientes non se corresponden coa realidade", aseguran.


A Xunta apunta que o xoves houbo "unha afluencia de enfermos superior á media", 380, que foron "clasificados e atendidos no tempo adecuado seguindo as recomendacións de avaliación médica das sociedades científicas".  "A foto fixa dun instante non define a situación" porque "os tempos de espera foron os adecuados". 


O SERGAS argumenta que os cidadáns, tras ser avaliados no triaxe aos "poucos minutos de chegaren" para definir a súa prioridade,  realizan un tránsito no que "os pacientes esperan no corredor mentres esperan a ser acomodados a un lugar de exploración que lles corresponde segundo a súa patoloxía ou prioridade". 


DEBATE SOBRE A OCUPACIÓN DE CAMAS

Pola súa banda, a Asociación acusa á Xerencia de ter pechadas "40 camas de medicina interna no Gil Casares e o anexo a ese edificio". Nestes momentos o índice de ocupación do Complexo é de o 73% polo que non é necesario habilitar máis camas, rebate a área Sanitaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE