​Primeiro morto por gripe en Galicia, á espera do pico da enfermidade

Desde o SERGAS confirman a primeira morte por gripe mentres advirten que o pico da enfermidade aínda non chegou a Galicia, mentres que Asturias ou Cantabria xa están en “alerta vermella” pola enfermidade, que xa ten a categoría de “epidemia”. 


|

Desde o SERGAS confirman a primeira morte por gripe mentres advirten que o pico da enfermidade aínda non chegou a Galicia, mentres que Asturias ou Cantabria xa están en “alerta vermella” pola enfermidade, que xa ten a categoría de “epidemia”.


Gripe



O falecido é un paciente, non vacinado, que pertencía a un dos grupos de risco. O último informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' subliña que xa se rexistraron 108 casos de gripe, un dato que multiplica exponencialmente aos rexistros da última semana. 


Dos ingresados con gripe, 90 tiñan indicada a vacina por idade ou por presentar factores de risco para unha gripe complicada e 49 deles non estaban vacinados. Debullando os datos 33 presentaban o virus da gripe B e 74 o da gripe A, que xa esta semana sementou a alerta por un caso no CHUAC, mentres que un tiña o virus da gripe C, concreta o documento difundido polo Servizo Galego de Saude.


Á espera DO MOMENTO CRÍTICO

Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS, advertiu aos medios que os rexistros indican “unha pequena subida” da enfermidade, pero que polo momento se tratan de casos de "afeccións respiratorias, máis que gripe".


Con todo, e aínda que fixo fincapé que desde o SERGAS están “preparados”, manifestou que o momento crítico aínda está por chegar neste inicio da onda epidémica, a pesar de ter xa o primeiro falecido oficial.


Doutra banda, Aboal negou o colapso no Servizo de Urxencias do CHUS denunciado por unha asociación de pacientes e usuarios. “As urxencias non están paralizadas”, argumentou o secretario xeral, tirando da definición que o dicionario fai de “colapso”. Aínda así, recoñeceu unha “certa retardación” no servizo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE