(Vídeo) Sen pediatra e nun paritorio oficialmente pechado, así naceu hoxe Larisa no Hospital de Verín
A presenza dun pediatra nos partos é obrigatoria no SERGAS. Con todo, o Hospital de Verín segue sen estes especialistas, ao que se agarra a Xunta para manter pechado o paritorio, a pesar das protestas.
Un técnico da ambulancia observa o diálogo entre a pediatra e os pais de bebé nunha imaxe de Diario do Támega
Así o confirmou a Europa Press o xefe de Ginecología do Hospital de Verín, Javier Castrillo.
O nacemento tivo lugar ás 00,59 horas deste venres sen pediatra e sen xerente, xa que o primeiro chegou tarde desde Ourense e o segundo dimitiu a semana pasada por motivos persoais.g
O SERGAS TENTOU SEPARALA DA NAI E LEVALA A OURENSE
Tras examinar á pequena Larisa, nome que recibiu a recentemente nada, e comprobar que se adaptaba á vida extrauterina sen dificultade algunha, o pediatra comunicou aos pais a necesidade de trasladala ao Hospital de Ourense para ser ingresada por non existir pediatra no Hospital de Verín, sinalaron fontes consultadas por Europa Press.Con todo, os pais negáronse ao traslado, para o que tiveron que asinar a alta voluntaria da pequena, para poder así permanecer ingresadas xuntas nai e filla no Hospital de Verín, abundaron as mesmas fontes.
Nun vídeo publicado por Diario do Támega pódese escoitar parte da discusión entre a pediatra de Ourense e os pais do neno sobre o frustrado traslado.
Cabe lembrar que no anterior parto producido xa co paritorio oficialmente pechado, o pediatra conseguiu levar ao bebé a Ourense, separándoo da nai. As parturientas han de permanecer en observación varias horas tras o parto, polo que non é recomendable trasladalas nese momento. Os nenos, pola súa banda, han de estar nun lugar onde teñan atención pediátrica.
UN HOSPITAL SEN DIRECCIÓN HAI UNHA SEMANA
Este novo nacemento en Verín tras o peche do paritorio prodúcese despois de que o xerente do Hospital verinés, Miguel Abad, deixase o pasado venres 27 de decembro o seu cargo "de mutuo acordo" co Servizo Galego de Saúde por "motivos estritamente persoais".
A dimisión de Abad produciuse tras o peche do paritorio do hospital galego, alegando a Xunta primeiro a seguridade dos bebés e despois falta de persoal. As dúas prazas de pediatría quedaran desertas, e a posible reapertura estaba á espera de que finalizase a convocatoria de persoal para cubrir os postos.
O pasado venres 29, o Diario Oficial de Galicia certificou a saída de Abad coa convocatoria pública dunha praza de director para o distrito sanitario de Verín.
CRÍTICAS DE EN MAREA
O sucedido hoxe a recado acende a polémica sobre Verín, onde continúa un peche de protesta. A deputada de En Marea Paula Verao xa pediu á Xunta que rectifique unha "decisión política equivocada".
"Feijóo dixo que pechaba o paritorio de Verín por risco das nais e dos bebés pero a realidade e que é precisamente a súa política de peche o que poñen en risco a nais e bebés e xa é a segunda vez que un parto ten que ser atendido en Verín por risco de parir no propio camiño”, asegurou hoxe a política.
Entre Verín e Ourense hai uns 45 minutos por autovía. Tempo que moitas nais non se poden permitir se o parto é repentino.
Escribe o teu comentario