O SERGAS nomea subdirectora de Enfermería a unha ex-candidata do PP e esposa dun secretario xeral

Desde o SERGAS en Ourense destacan que a praza se convocou no DOG e que Rodríguez Araújo logrouna porque cumpría todos os requisitos, dada que ten "unha traxectoria profesional moi ampla", incluída xa experiencia como supervisora de área.Os postos de subdirección non están considerados altos cargos, non son puramente discrecionales.


|

A Consellería de Sanidade nomeou a Josefa Rodríguez Araújo nova subdirectora de Enfermería de Primaria da Xerencia de Ourense. Segundo confirmou Galiciapress, esta veterana especialista -leva traballando no SERGAS desde 1991- foi candidata en varias ocasións nas listas do Partido Popular. Ademais, ten parentesco directo cun alto cargo do Goberno Gallego. 


Josefa Rodru00edguez Arau00feixe nunha foto facilitada onte polo SERGAS

Rodríguez Araújo



En concreto, foi a número dous da candidatura do Partido Popular nas eleccións municipais de 2003 no municipio da Bola. Repetiu nese posto nas eleccións de 2007.


RESPOSTA DO SERGAS

Galiciapress contactou coa Consellería de Sanidade para dar o punto de vista da nova subdirectora e a Xunta. Desde o SERGAS en Ourense destacan que a praza convocouse no DOG e que Rodríguez Araújo logrouna porque cumpría todos os requisitos, dada que ten "unha traxectoria profesional moi ampla", incluída xa experiencia como supervisora de área.


Os postos de subdirección non están considerados altos cargos, non son puramente discrecionis. Iso si, a Consellería ten certa liberdade para escoller subdirectores entre os funcionarios que se presenten, considere cualificados e cumpran certos requisitos. É habitual que todos os partidos seleccionen para estes postos a traballadores públicos afíns.


Neste caso dáse a circunstancia, ademais, de que Rodríguez Araújo está casada con Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta e un dos mandatarios destacados no PP de Ourense, segundo revelaron onte a Galiciapress fontes do sector da enfermería, confirmaron hoxe desde a oposición ourensá e figura publicado na Voz. Desde o SERGAS rexeitan comentar esta circunstancia familiar, que non desmenten.


UNHA AMPLA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Ao anunciar o seu nomeamento, o SERGAS destacou que a súa experiencia profesional está moi vinculada sempre á sanidade ourensá xa que comezou o seu traballo como enfermeira no ano 1991 no Complexo Hospitalario Cristal-Piñor onde consiguió o nomeamento como supervisora de área no ano 2001. Durante a súa estadía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense participou en numerosos grupos de traballo e investigación como foron a Comisión de Protocolos de Enfermería, a Comisión de Calidade ou o grupo de investigación en historia e pensamento enfermeiro “Ágora”.


No ámbito da investigación formou parte activa como participante colaborador no Subproxecto Habitación Intelixente, enmarcado dentro do Proxecto Hospital 2050, e do Proxecto de Innovación “Sistema Intelixente de alertas multinivel” dentro do programa de Innovación Sanitaria Innova Saúde. Na actualidade desenvolvía o seu traballo como enfermeira no Centro de Saúde de Baños de Molgas, despois dunha estadía de catro anos no Centro de Saúde de Valle Inclán da capital ourensá.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE