Falece un motorista na PO-400 ao chocar cun vehículo entre Arbo e Crecente

Ademais do persoal sanitario desprazado até o punto, tamén acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de mantemento da estrada.
 


|

Unnamed(23)
Unnamed(23)

 

Un motorista faleceu esta mañá nunha colisión contra un coche no que viaxaban dúas persoas, que en principio non están feridas. O sinistro ocorreu á altura do quilómetro 20 da PO-400, que discorre entre Arbo e Crecente.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, que recibiu o primeiro aviso ás 11.10 horas, un particular informou do choque entre un coche e unha moto. O alertador xa indicou que o motorista podía estar falecido, o que terminou confirmando o 061.

Ademais do persoal sanitario desprazado até o punto, tamén acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do servizo de mantemento da estrada.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE