Manifestación o 9 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocou unha mobilización para o próximo 9 de febreiro en defensa da sanidade pública en Galicia para loitar contra os “recortes de recursos, desmantelamento de hospitais comarcais e abandono dos Centros de Atención Primaria” provocados pola “política sanitaria da Xunta de Galicia”.

Protesta de SOS Sanidade Pública
Desta forma, acusa o executivo de Feijóo de “manipular e ocultar as listas de espera”, ademais de “precarizar e explotar o persoal”, de “privatizar a sanidade” e de levala “a un punto de difícil retorno”.
“As protestas da Atención Primaria, o levantamento da poboación de Verín contra o peche do paritorio do seu hospital, as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras, son algunhas das manifestacións do malestar cidadán e profesional fronte a esta crise sanitaria”, alega a plataforma, que tamén preparou cartas para os líderes políticos para a implicación das principais forzas e documentos para que os concellos que así o desexen adhíranse á loita do colectivo.
A plataforma chama a unha “gran mobilización” na capital galega o próximo 9 de febreiro ás 12 horas, desde a Alameda compostelá. “Esperamos unha resposta masiva da cidadanía e dos colectivos sociais e profesionais que free e faga retroceder o desmantelamento e a privatización do sistema sanitario público aplicado polo Goberno de Galicia”, conclúe a nota.
Escribe o teu comentario