Sen candidatos para cubrir as prazas de pediatra do Hospital Comarcal de Verín a horas de pechar o prazo

A convocatoria de dúas prazas de pediatra para o Hospital Comarcal de Verín (Ourense), que conclúe ao final da xornada deste martes día 7 de xaneiro, non conta con candidatos ata o momento. A Xunta condicionara a reapertura do paritorio deste centro hospitalario á cobertura deses postos.

|

A convocatoria de dúas prazas de pediatra para o Hospital Comarcal de Verín (Ourense), que conclúe ao final da xornada deste martes día 7 de xaneiro, non conta con candidatos ata o momento. A Xunta condicionara a reapertura do paritorio deste centro hospitalario á cobertura deses postos.


Entrada ao hosital do SERGAS en Verín nunha imaxe de Google Street View


Fuentes da xerencia sanitaria de Ourense indicaron a Europa Press que a convocatoria pecharase a medianoite e ata a mañá deste martes "non se presentou ninguén".

A convocatoria destas dúas prazas, que quedaron desertas en xuño, fora anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado 12 de decembro e publicada ese mesmo xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG).

De feito, o titular da Xunta, tras o anuncio desa convocatoria, abrira a posibilidade de "reactivar" o servizo de paritorio no Hospital Comarcal de Verín "se hai pediatras" como recomendan os obstetras e profesionais de Pediatría da área ourensá.

"Se temos pediatras en Verín e dinnos que volvemos dar as condicións de seguridade no parto e na atención aos nenos, volveremos rehabilitar o acto concreto do parto no hospital comarcal. Que son 60 actos de parto ao ano", asegurou Feijóo, quen atribuíu o peche dese paritorio a unha "decisión sanitaria".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE