hospital de verín

​Hospital de Verín: xinecólogos aplauden a reapertura, a esquerda carga contra Feijóo e Baltar apúntase o tanto

Profesionais médicos e políticos valoran a reapertura do paritorio do Hospital de Verín, que a semana que vén anunciará a contratación de dous pediatras para reiniciar o seu correcto funcionamento a principios de febreiro.

Sen candidatos para cubrir as prazas de pediatra do Hospital Comarcal de Verín a horas de pechar o prazo
A convocatoria de dúas prazas de pediatra para o Hospital Comarcal de Verín (Ourense), que conclúe ao final da xornada deste martes día 7 de xaneiro, non conta con candidatos ata o momento. A Xunta condicionara a reapertura do paritorio deste centro hospitalario á cobertura deses postos.
As 12 uvas máis amargas tomáronse no Hospital de Verín
Ao redor dunha quincena de persoas, entre elas profesionais sanitarios e veciños de Verín (Ourense) que participan no peche pola reapertura do paritorio e das urxencias pediátricas, despediron o 2019 tomando as tradicionais doce uvas de Fin de Ano no interior do hospital.
Feijóo: "En 24 horas repoñeranse os partos en Verín...cando haxa pediatras suficientes"
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou con dureza contra a oposición, á que acusou de "xogar coa vida e a seguridade dos bebés que nacen en Verín (Ourense)", o que cualificou de "lamentable".
Se ningún hospital comarcal galego chega aos 600 partos ao ano, por que Verín é o único sen pediatras en persoal?

A medida aplicada o Verín podería ser extensible aos hospitais de Barco de Valdeorras, Monforte, Burela, Cee, Barbanza e O Salnés correrán a mesma sorte, como advertiu no seu día 'Batas Brancas’. Á súa vez, Feijóo supedita a reapertura do servizo para cubrir as prazas convocadas en pediatría. E mentres todo isto sucede, os partos seguen sendo noticia en Verín, pero non pola súa ausencia, ata o punto de que os médicos tiveron que atender un parto de urxencia, aínda que pouco despois o bebé foi separado da súa nai e trasladado ao CHUO.

​O Eixo Atlántico propón unha solución "transfronteiriza" para evitar o peche do paritorio de Verín

Mentres traballadores e afectados iniciaron un peche no complexo hospitalario verinés como medida de presión contra o SERGAS, desde o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular súmanse á ristra de organizacións e movementos que trasladaron o seu apoio ás denuncias dos veciños de Verín e arredores á vez que propón unha solución ao peche do servizo no Hospital de Verín que vai máis aló da fronteira española.

Verín e a súa comarca son unha soa voz: "Feijóo, escoita, o rural está en loita; esta batalla imos gañar"

Miles de veciños da comarca de Verín (Ourense) e dos arredores mobilizáronse este sábado contra o peche do paritorio no Hospital de Verín e a supresión do servizo pediátrico no que consideran uns "malos tratos sanitarios do rural".



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE