​O Eixo Atlántico propón unha solución "transfronteiriza" para evitar o peche do paritorio de Verín

Mentres traballadores e afectados iniciaron un peche no complexo hospitalario verinés como medida de presión contra o SERGAS, desde o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular súmanse á ristra de organizacións e movementos que trasladaron o seu apoio ás denuncias dos veciños de Verín e arredores á vez que propón unha solución ao peche do servizo no Hospital de Verín que vai máis aló da fronteira española.


|

Mentres traballadores e afectados iniciaron un peche no complexo hospitalario verinés como medida de presión contra o SERGAS, desde o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular súmanse á ristra de organizacións e movementos que trasladaron o seu apoio ás denuncias dos veciños de Verín e arredores á vez que propón unha solución ao peche do servizo no Hospital de Verín que vai máis aló da fronteira española.


Recien nado

O Eixo propón unha solución conxunta entre Verín e Chaves


Desde a organización denuncian que desde a plataforma levan 12 anos, "exactamente os mesmos que leva Núñez Feijoó na presidencia da Xunta", propoñendo un sistema sanitario transfronteirizo integrado polos hospitais de Verín e da localidade lusa de Chaves. Esta solución supoñería "impulsar unha unidade conxunta de partos e urxencias pediátricas con médicos portugueses e galegos" para manter unha actividade elevada e evitar que se clausure un servizo que obriga a todas as mulleres embarazadas a percorrer un mínimo de 70 km para poder dar a luz nas condicións máis seguras.


PROPOSTA PARALIZADA

Con todo, desde o Eixo lamentan que esta proposta, "que no seu momento comezou a ser analizada pola entón conselleira de Sanidade, Pilar Farjas e polo secretario de Estado de Portugal, Manuel Pizarro", segue gardada nos caixóns da Xunta "a pesar dos continuados esforzos da eurocidade en defensa desta proposta".


No Eixo afirman que o anuncio do peche non lles pilla por sorpresa pero que era do todo evitable se se desenvolveu a súa proposta. "Hoxe chegouse a unha situación similar á que existe entre as cidades de Elvas e Badaxoz, que comparten servizos de paritorios e urxencias pediátricas, neste caso no hospital de Badaxoz", sosteñen.


"INCAPACIDADE POLÍTICA DE RUEDA"

Para a organización, a situación "constitúe unha mostra máis da inexistencia de acción exterior de Galicia, así como da inoperancia da Comunidade de Traballo, Galicia-Norte de Portugal que é o foro onde debería desenvolverse esta proposta".


Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda no Consello de la Xunta

O Eixo sinala ao vicepresidente Alfonso Rueda como un dos culpables do peche do paritorio


Nese sentido, para o Eixo evidénciase a "incapacidade política do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, en tanto que responsable galego da Comunidade de Traballo". "Presta máis atención a unha autoestrada que nunca se construirá e que discorre por un Parque Natural de Portugal, que ao problema das mulleres embarazadas nunha zona en crise demográfica na que se supón que a Xunta quere impulsar os nacementos", critica.


"SENTIDO COMÚN E HONESTIDADE"

"Apelamos ao sentido común e honestidade demostrada sobradamente polo actual conselleiro de sanidade para que paralice esta medida ata que se peche un acordo co hospital de Chaves", sentencia a plataforma, que se pon ao servizo do SERGAS para ser unha ponte á hora de alcanzar un acordo coas autoridades portuguesas e desatrancar este problema de xeito evidente enquistado. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE