​As "malas maneiras" dunha pediatra que non entendía o galego motivan a denuncia da Mesa contra o SERGAS

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o SERGAS  "non respecta os dereitos lingüísticos dos galegos" despois dun episodio vivido no Álvaro Cunqueiro. 


|

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o SERGAS  "non respecta os dereitos lingüísticos dos galegos" despois dun episodio vivido no Álvaro Cunqueiro.


Hospitalalvarocunqueiro 6

Fachada do Álvaro Cunqueiro


A Liña do Galego, a canle polo que a cidadanía pode enviar as súas queixas a A Mesa se as empresas ou administracións non respectan o seu dereito para falar en galego, recolleu un novo capítulo contra o SERGAS e, unha vez máis, no Hospital Álvaro Cunqueiro, que xa no pasado foi obxectivo da plataforma despois de contar con consentimentos informados para embarazadas en linguas como o árabe ou o polaco pero non en galego.


"MALAS FORMAS"

A denuncia interpúxoa unha nai viguesa que acudiu co seu fillo ao Servizo de Urxencias do complexo hospitalario o pasado 10 de xaneiro. Cando foron atendidos por unha pediatra, o menor explicáballe á médica, "na súa lingua habitual, que é o galego", cales eran os seus síntomas e onde sentía a dor.


A pediatra, ao non entender ao menor, esixiulles a ambos "de moi malas maneiras" que se dirixisen a ela en castelán, alegando que "ela non é galega". "O neno tiña 39 e medio de febre e un posible cadro de  apendicitis", advirte a nai, que tivo que facer de tradutora do seu fillo.


"RESPECTO Aos DEREITOS LINGÜÍSTICOS"

"A Mesa pola Normalización Lingüística esixe ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña que o SERGAS, do que é responsable, respecte os dereitos lingüísticos da cidadanía galega e cambie todo o necesario para que nunca máis se produzan este tipo de situacións", demanda a plataforma, que tamén presentou queixas ante a Defensora do Pobo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Elsa Quintas, directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, lembra a Vázquez Almuiña que o propio Estatuto de Autonomía de Galicia sostén que "a lingua propia de Galicia é o galego" e que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas. Por isto, insta ao titular de Sanidade a pescudar se realmente se cumpre o emprego do galego "nos documentos da Consellería de Sanidade e do SERGAS  e no resto de ordenamentos legais vixentes en materia de normalización lingüística por parte do SERGAS".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE