Sergas

"Cando eu estudei medicina entramos 1.500, agora entran 300" quéixase Lores ante os problemas do SERGAS
Carga contra os recortes da Xunta e censura "falta de planificación política"
​As "malas maneiras" dunha pediatra que non entendía o galego motivan a denuncia da Mesa contra o SERGAS

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o SERGAS  "non respecta os dereitos lingüísticos dos galegos" despois dun episodio vivido no Álvaro Cunqueiro. 

Os médicos de familia do SERGAS seguen atendendo ata "55 ou 60" pacientes ao día

Pode un médico ofrecer unha consulta de calidade con axendas de 60 enfermos ao día? Isto é o que cuestiona o Consello Galego de Colexios Médicos e sociedades científicas. Os galenos recoñecen que a Xunta realizou algúns avances, pero cifra en menos de 30 os médicos que conseguiu fichar cos seus novos contratos, por non o sufiente atractivos.

Para evitar problemas en urxencias pola gripe, o SERGAS di que contratou máis de 80 profesionais en Santiago
A área sanitaria compostelá ten activado desde finais do pasado ano o Plan de continxencia da gripe para tempada 2019-2020 e contratou desde decembro 82 profesionais a maiores para atender o incremento de pacientes ingresados desde urxencias.
​Comisións Obreiras denuncia que o SERGAS "incumpre" o acordo que puxo fin á folga nos PACs

O sindicato reclama saber "cales son os criterios que sustentan o incremento de persoal" que anunciou a administración para estes centros. 

O Sergas responde a Enfermeiras en Loita que o SERGAS ten "700 enfermeiras máis que en 2008"

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) reivindicou este luns a súa nova modalidade contractual co nomeamento estatutario eventual de continuidade porque ofrece ao persoal de Enfermería "un período de estabilidade maior"

Enfermeiras Eventuais en Loita denuncia que Galicia conta co "peor terceiro cociente" de España de enfermeira por habitante

Enfermeiros e enfermeiras concentráronse este luns fronte a centros de saúde e hospitais de Galicia no marco do movemento '12 meses, 12 loitas', para denunciar o "baixo cociente" destes profesionais por habitante, que sitúa á Comunidade galega co "peor terceiro cociente".


"Faleceron galegos polos problemas da xestión do SERGAS", di un Cabaleiro que se ve listo para derrotar a Feijóo

Feijóo é un indolente, que carece de empatía, e isto vese en que aplicou a ortodoxia dos recortes que acabou, desgraciadamente, coa morte dalgúns enfermos. Este é un dos razoamentos do líder do PSdeG nesta entrevista na que mostra as súas calves para que a esquerda recupere a Xunta.

​Manifestación o 9 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocou unha mobilización para o próximo 9 de febreiro en defensa da sanidade pública en Galicia para loitar contra os “recortes de recursos, desmantelamento de hospitais comarcais e abandono dos Centros de Atención Primaria” provocados pola “política sanitaria da Xunta de Galicia”. 

​Primeiro morto por gripe en Galicia, á espera do pico da enfermidade

Desde o SERGAS confirman a primeira morte por gripe mentres advirten que o pico da enfermidade aínda non chegou a Galicia, mentres que Asturias ou Cantabria xa están en “alerta vermella” pola enfermidade, que xa ten a categoría de “epidemia”. 

​Asociación de pacientes denuncia o colapso continuado no Servizo de Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes do CHUS critica a situación no Servizo de Urxencias que se viviu na tarde de onte no complexo compostelán, onde "18 pacientes graves esperaban a ser atendidos, en padiolas e cadeiras de rodas, nos corredores de acceso". 

O SERGAS nomea subdirectora de Enfermería a unha ex-candidata do PP e esposa dun secretario xeral

Desde o SERGAS en Ourense destacan que a praza se convocou no DOG e que Rodríguez Araújo logrouna porque cumpría todos os requisitos, dada que ten "unha traxectoria profesional moi ampla", incluída xa experiencia como supervisora de área.Os postos de subdirección non están considerados altos cargos, non son puramente discrecionales.

Sen candidatos para cubrir as prazas de pediatra do Hospital Comarcal de Verín a horas de pechar o prazo
A convocatoria de dúas prazas de pediatra para o Hospital Comarcal de Verín (Ourense), que conclúe ao final da xornada deste martes día 7 de xaneiro, non conta con candidatos ata o momento. A Xunta condicionara a reapertura do paritorio deste centro hospitalario á cobertura deses postos.
Máis profesionais de enfermería por habitante, primeira loita do ano para Enfermeiras Eventuais en Loita

Enfermeiras Eventuais en Loita convoca unha nova concentración para o luns 13 de xaneiro, enmarcada no movemento '12 meses, 12 loitas', para reclamar un aumento no cociente de enfermeiros e enfermeiras por cada mil habitantes.

​O SERGAS chama á calma tras a alerta dunha asociación de médicos por un caso de Gripe A

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) advirte que no día de Reyes foi atendido no complexo hospitalario coruñés unha persoa que presentaba un "cadro viral severo" co diagnostico de Gripe A. Con todo, desde o CHUAC informan que non hai que crear alarma social por este tipo de diagnósticos xa que a Gripe para é "desde 2009" o "serotipo de gripe máis común".

(Vídeo) Sen pediatra e nun paritorio oficialmente pechado, así naceu hoxe Larisa no Hospital de Verín
Un segundo bebé naceu no Hospital de Verín tras o peche do paritorio, de novo coa mediación do xuíz de garda, e sen a presenza de pediatra ao chegar tarde desde Ourense.
"Colpaso" de urxencias no hospital de Santiago, denuncia asociación de pacientes e nega o SERGAS

Oito pacientes esperando nos corredores, incluído "un paciente terminal que permaneceu máis dunha hora no corredor" antes de pasar a observación. Así describe a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS a imaxe, remitida por "un usuario", da situación nas Urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago o xoves ás 14:20 horas. En opinión do SERGAS unha "foto fixa" dun instante que non reflicte a realidade dun servizo que responde no tempo adecuado.

O SERGAS cita a unha muller con alto risco de cancro para unha revisión en 2021.

O 27 de xaneiro de 2021. Para ese día ten cita a S.B.F., unha muller á que se lle detectou nunha citología unha lesión con "alto risco oncogénico". 

Os nenos enfermos de Touro e O Pino han de ir ata Santiago ou Arzúa para ver un pediatra, denuncia o PSOE
Alcaldes e portavoces socialistas da comarca de Santiago criticaron este xoves as "inaceptables e inasumibles carencias" no servizo de pediatría dos seus municipios e avanzaron que poñerán en marcha nas próximas semanas "medidas de presión" para "esixir un cambio de postura da Consellería de Sanidade".
As 12 uvas máis amargas tomáronse no Hospital de Verín
Ao redor dunha quincena de persoas, entre elas profesionais sanitarios e veciños de Verín (Ourense) que participan no peche pola reapertura do paritorio e das urxencias pediátricas, despediron o 2019 tomando as tradicionais doce uvas de Fin de Ano no interior do hospital.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE