Prohibidos carteis que "atenten" contra o SERGAS nos hospitais e centros de saúde
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que a instrución sobre o "uso adecuado" dos taboleiros de anuncios nos centros sanitarios "non ten que ver con ningún centro en particular".
Tanto o BNG como Esquerda Unida acusaron á Xunta de censurar a liberdade de expresión no SERGAS. Con todo, a Consellería de Sanidade defende a nova norma que limita que e onde se poden poñer anuncios. A definición do que é inadmisible é vaga, pero inclúe os contidos que difamen institucións públicas e non sexan neutrais politicamente, o que podería limitar o anuncio de actos reivindicativos.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que a instrución sobre o "uso adecuado" dos taboleiros de anuncios nos centros sanitarios "non ten que ver con ningún centro en particular".
Almuíña, conselleiro de Sanidade, pasa diante dun cartel do colectivo PACs en pé de guerra nunha pasada visita a un centro de saúde
Para conseguir a primeira finalidade, concreta Sanidade, "en todos os centros públicos" do Sergas "existirán un ou varios taboleiros oficiais de anuncios ou espazos habilitados para estes usos". "As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos e os que teñan representación no comité de empresa e xuntas de persoal terán á súa disposición un taboleiro", explicou.
UNHA DEFINICIÓN MOI AMPLA DO QUE NON SE PODE PUBLCIITAR
"Dentro dos contidos inxuriosos ou ofensivos para determinadas persoas, colectivos ou institucións", matiza Sanidade, inclúe os de contido "racista, xenófobo ou que promovan a discriminación cultural ou relixiosa", así como de carácter "sexual, ilegal ou ilícitos" e os que conteñan "mensaxes violentas, degradantes ou vejatorios" e os que "sexan difamatorios, falsos ou obscenos ou atenten contra as persoas, profesionais, institucións públicas ou privadas ou calquera outro ente público ou privado", abundou a Consellería."A Administración pública e as institucións que delas dependen, deben perseguir a satisfacción dos intereses xerais da cidadanía, fundamentándose nos principios de neutralidade política, obxectividade e imparcialidade", subliña o Sergas, "non podendo primar" na súa actuación, conclúe, "a determinadas formacións políticas ou ideolóxicas fronte a outras".
Escribe o teu comentario