O Sergas promete que reabrirá o paritorio que pechou en Verín pero aínda non atopou pediatras
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que traballa para cubrir as prazas de pediatras vacantes que permitan reabrir o paritorio do Hospital de Verín (Ourense) "dentro dunha situación de dificultade de falta de profesionais" desta especialidade.
A Xunta insiste agora en que o problema é de fondo, a falta de pediatras tanto a nivel galego, español como europeo
O xerente do SERGAS
"O problema de falta de especialistas é de Galicia e de todo o Sistema Nacional de Saúde e de Europa", explicou o xerente do Sergas, quen concretou que no caso da Baña "mantense o sistema" coa mesma cantidade de profesionais, á vez que apuntou que hai centros próximos como o de Negreira.
Mentres, no caso concreto de Verín sinalou que a xerente da zona traballa para a reapertura do paritorio. "Para nós o máis importante é a seguridade das nais e nenos", insistiu.
Preguntado sobre se buscan pediatras fose de Galicia para reabrir ese servizo en Verín, o xerente do Sergas puntualizou que entrevistan "persoas que se poidan interesar nesas coberturas", á vez que lembrou que "a demanda de profesionais non só é en Galicia".
Escribe o teu comentario