Reclaman que se restaure o servizo de pediatría con dous médicos a tempo completo.
A voloración dos nacionalistas non é do todo negativa, pois a central pon en valor as propostas realizadas pola directora de Recursos Humanos. Con todo, o pactado con outras centrais resúltalles insuficiente, entre outros motivos porque o consideran unha simple declaración de intencións, insuficiente para liquidar os problemas que aburan a pediatras e médicos de familia.
O sindicato reuniuse coa Xunta e as versións que saen do encontro son diferentes. Os traballadores indican que Sanidade admitiu estudar cambios nos horarios e na cantidade de atender por cada galeno. Unha sobrecarga de traballo que ás veces provoca xornadas de día e medio continuado, segundo alerta a central noutro comunicado.
O Goberno galego non comezou a aplicar ningún tipo de medida de incentivación co obxectivo de cubrir as prazas de difícil cobertura
Artigo de Agustín Bravo López en nome da Asociación Batas Brancas, sobre a noticia de que pais tiveron que trasladar aos seus fillos desde Lalín a Santiago ao carecer o Centro de Saúde de probas de escarlatina e de pediatras.
Desde Sanidade advirten que no que respecta a Galicia aínda non se deron casos de mortes en menores relacionados con esta bacteria que pode causar meninxite.
Levamos 4 conselleirxs e 3 Xerentxs do SERGAS e o deterioro da AP na Galiza cada día a máis! Outra ocurrencia: non se pode, dende AP, mandar directamente ao paciente ao especialista, debemos facer unha consulta telemática previa e en 3-4 días nos contestan que facer cx paciente: lista de agarda para a lista de agarda! E xa conseguiron o que pretenden co desmantelamento sistemático da AP: o concello de Caldas, acaba de aprobar “ante a falta de Médicxs na vila, pagar a asistencia das persoas do pobo...NUNHA CLÍNICA PRIVADA DA ZOA”.
A poucos días dunha nova protesta nas rúas de Santiago de Compostela para denunciar a crise da sanidade pública galega, Galiciapress charla con Vanessa Viquendi, portavoz da plataforma 'Pediatras e matronas Xa', nacida na Costa da Morte pero con socios en toda Galicia, que cunha peregrinación simbólica exemplifican os desprazamentos quilométricos de moitas familias para recibir atención pediátrica pola asuencia de matronas e especialistas nos centros de saúde.
Nos CdeS a demanda nas consultas é excesiva (pola falta de persoal) o que leva a masificación das mesmas e a un escaso tempo de atención.
A Consellería de Sanidade non respondeu por agora ás críticas.A fronte admite que pode ser un problema temporal, en principio ata marzo, pero á vez lembra que non hai garantías de que a cuestión se resolva pasados uns meses. A falta de pediatras nas listas de substitución leva sendo anos un problema crónico no SERGAS. A Xunta deféndese alegando que non hai especialistas tampouco en España e en moitas partes de Europa.
Cinco asociacións de veciños do Concello da Pastoriza denuncian o "cinismo" da Xunta cando fala de apoio ao rural. Os habitantes de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira sinalan que esperan "ata unha semana" para ver ao médico de atención primaria. As súas fillas e fillos téñeno aínda peor. Debido á baixa do pediatra que acudía dous días á semana ao seu Centro de Saúde, non haberá médico alí para os menores "ata despois de Reyes".