O Sergas admite que non hai pediatras suficientes en Ferrol e alega que non ten a quen contratar

A Xerencia da Xestión Integrada de Ferrol asegurou que a súa prioridade "é sempre manter a asistencia e procurar que calquera ausencia sexa cuberta", nesta caso no ámbito de pediatría de varios concellos das comarcas de Ferrolterra, á vez que rexeita "recortes" neste ámbito.

|

Non hai recortes, simplemente que é imposible contratar pediatras suficientes para cubrir todas as prazas, argumenta a Xunta tras a protesta das familias este sábado


A Xerencia da Xestión Integrada de Ferrol asegurou que a súa prioridade "é sempre manter a asistencia e procurar que calquera ausencia sexa cuberta", nesta caso no ámbito de pediatría de varios concellos das comarcas de Ferrolterra, á vez que rexeita "recortes" neste ámbito.


Familias concentráronse fronte ao Hospital Arquitecto Marcide pola falta de pediatras en Ferrol

Familias concentráronse fronte ao Hospital Arquitecto Marcide pola falta de pediatras en Ferrol 


A XUNTA ALEGA QUE NON HAI PEDIATRAS DISPOÑIBLES


Respecto diso, asegura que "o certo é que non hai pediatras para contratar na totalidade", e que se está ante "unha circunstancia tan concreta que non se adoita producir".


Así o han traslado a Europa Press fontes da xerencia, tras a concentración realizada o pasado sábado, 9 de novembro, de case un centenar de pais e nais no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, que denuncian un servizo que, ao seu entender, é deficitario.

Por parte da área sanitaria que dirixe Anxo Facio incídese en que "non se trata de que non haxa intención de cobertura, nin de ningún tipo de recorte nin diminución asistencial, xa que, en canto hai un pediatra, contrátanse". Así, indicou que se realiza "unha busca activa constante" de pediatras e que "cando esa contratación non é posible, búscanse as fórmulas que garantan a atención".

TRES PROFESIONAIS

Deste xeito, as mesmas fontes explicaron que o Servizo de Atención Primaria de Fene está formado polos centros de saúde de Fene, Ares, Mugardos e A Capela, que contan con tres profesionais de pediatría. "Ordinariamente, no centro de Fene, hai dous profesionais, dos que un se traslada un día á semana, durante tres horas, ata A Capela", sinalaron.


A terceira profesional abarca Ares e Mugardos e "ao longo de setembro, producíronse dúas ausencias, unha delas non prevista, o que dificulta a reacción, e a resolución dun traslado dunha das pediatras a outro centro da área, co que esta situación peculiar de ausencia total fixo difícil a cobertura habitual", manifestaron.


ARGUMENTOS DO SERGAS

Por parte da xerencia ferrolá sosteñen que "desde o primeiro momento fíxose o esforzo de cobertura, a pesar das dificultades, e os tres pediatras estaban a substituírse cun en Fene e outro parcialmente en Ares e Mugardos", situación da que se deu traslado "ao alcalde de Fene e aos portavoces deste municipios, ademais de contestar o escrito presentado polas nais dándolles todas as explicacións oportunas".

Inciden tamén por parte do Sergas que "xa durante todo este mes de novembro, para dar total cobertura aos concellos de Ares e Mugardos, trasladouse a asistencia pediátrica á totalidade dos días polas tardes, nas que é posible a atención con pediatras doutros centros", mentres que en Fene "continúa a cobertura cun profesional".

TRASLADOS AO HOSPITAL
Ademais, as mesmas fontes apuntaron que "en caso de urxencia, e de non haber cobertura, os menores de tres anos remítense ao Hospital Arquitecto Marcide, para garantir a asistencia ante situacións excepcionais de tantas ausencias coincidentes nun mesmo lugar e ante a escaseza de profesionais de pediatría nas listas para a súa contratación", sendo en Fene, Ares, Mugardos e A Capela un total de 2.535 nenos.

No caso do servizo que abarca os concellos de San Sadurniño, Moeche, Cerdido e As Somozas, inciden en que "estivo sempre cuberta en San Sadurniño, excepto a itinerancia de dúas horas á semana que se realizaba en cada un dos outros tres concellos que forman parte do servizo, como eran as dúas horas á semana do mércores nas Somozas, as dúas horas do xoves en Moeche, e as dúas dos venres en Cerdido". O total de nenos nestes catro concellos sitúase en 444.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE