"Sen pediatra ata despois de Reis" e esperas dunha semana para o médico de familia
Cinco asociacións de veciños do Concello da Pastoriza denuncian o "cinismo" da Xunta cando fala de apoio ao rural. Os habitantes de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira sinalan que esperan "ata unha semana" para ver ao médico de atención primaria. As súas fillas e fillos téñeno aínda peor. Debido á baixa do pediatra que acudía dous días á semana ao seu Centro de Saúde, non haberá médico alí para os menores "ata despois de Reyes".
Cinco asociacións de veciños do Concello da Pastoriza denuncian o "cinismo" da Xunta cando fala de apoio ao rural. Os habitantes de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira sinalan que esperan "ata unha semana" para ver ao médico de atención primaria. As súas fillas e fillos téñeno aínda peor. Debido á baixa do pediatra que acudía dous días á semana ao seu Centro de Saúde, non haberá médico alí para os menores "ata despois de Reis".
Veciñas da Pastoriza ante o seu centro de saúde
Queda, iso si, a opción de conducir -o que teña coche- os 40 quilómetros que lles separan do Hospital Lucus Augusti (HULA). Alternativa que, loxicamente, non lles convence.
A Xunta GARDA SILENCIO
Galiciapress púxose en contacto esta mañá coa Consellería de Sanidade para dar o seu punto de vista. Por agora, a Xunta non contestou.
"Unha vez atendidos no HULA a prescrición pasa porque o neno sexa controlado polo seu pediatra de cabeceira, control que non se pode levar a cabo. Iso por non falar da imposibilidade de facer os controis rutineiros que todos os nenos teñen que pasar periodicamente", quéixanse.
A perspectivas non son boas, a pesar de que en outubro expuxeron o seu malestar ao xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares. "Segundo informan as familias en o propio Centro de Saúde, desde o 20 de decembro ata despois de Reyes non vai haber pediatra", protestan.
Pais e nais lémbranlle ao SERGAS que no inverno é moi común que os menores sufran virus, bronquites e gripes. No servizo de urxencias do HULA teñen que esperar longas colas, contribuíndo ademais ao seu colapso periódico.
CADA MÉDICO DE FAMILIA ATENDE A UNS 1.500 PACIENTES
Urxencias do HULA ás que tamén acoden os adultos que non poden agardar "as esperas dunha semana" nas citas ordinarias para o médico de familia. Este martes daban citas para o seguinte martes.
Só hai dous médicos de familia para cubrir un concello cunha poboación 3.000 persoas, moi vella ademais. Os veciños aseguran que a terceira praza de médico de familia, que viña sendo cuberta temporalmente, non ten ocupante este mes.
No referido a pediatría, comparten especialista con Meira, pero cando o pediatra colle baixa ou vacacións, como "pasou a semana pasada", han de conducir ata Lugo.
O "CINISMO" DO APOIO AORURAL
Ante tal déficit, acusan o Goberno Galego de "cinismo". "Por unha banda queren facernos crer que para os gobernantes é un tema preocupante o despoboamento do rural e que se están buscando activamente solucións para asentar poboación no rural, pero doutra banda van debilitando a calidade dos servizos que se nos prestan, por exemplo o servizo médico", afirman.
Escribe o teu comentario