A Pastoriza

Os asaltantes dun caixeiro na Pastoriza levaron un botín próximo aos 30.000 euros
Os ladróns que o pasado sábado atracaron un caixeiro automático de Caixa Rural no municipio lucense da Pastoriza, o cal rebentaron cunha explosión, fixéronse cun botín de 30.000 euros, segundo cifrou o rexedor, Primitivo Iglesias.
Octoxenario mata á súa muller para logo suicidarse arroxándose ao baleiro

Un home duns 80 anos matou supostamente á súa muller e acto seguido suicidouse ao tirarse pola xanela da vivenda común na Pastoriza (Lugo). De confirmarse o caso, sería o primeiro crime machista do ano en Galicia; o sexto a nivel nacional. 

Así é a crise da sanidade no rural: O SERGAS non atopa médico substituto para A Pastoriza

Hai que lembrar a dificultade que hai para atopar facultativos substitutos, tanto en Galicia como no resto de España, pola falta de profesionais nas listas de contratación", explican desde a EOXI. A Xunta pon énfase que se cubriu de "forma permanente" a xubilación dun médico "ata a baixa do substituto".

"Sen pediatra ata despois de Reis" e esperas dunha semana para o médico de familia

Cinco asociacións de veciños do Concello da Pastoriza denuncian o "cinismo" da Xunta cando fala de apoio ao rural. Os habitantes de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira sinalan que esperan "ata unha semana" para ver ao médico de atención primaria. As súas fillas e fillos téñeno aínda peor. Debido á baixa do pediatra que acudía dous días á semana ao seu Centro de Saúde, non haberá médico alí para os menores "ata despois de Reyes".

​Dous médicos para atender aos 3.000 veciños da Pastoriza

O Centro de Saúde da localidade luguesa conta unicamente con dous profesionais médicos despois da xubilación este verán dun terceiro e a falta de reposición desa vacante. Cinco asociacións de de veciños emitiron unha solicitude de reunión co titular de Sanidade, Vázquez Almuiña, para abordar esta preocupante situación.

O expresidente do CD Lugo José Bouso salta á política a pesar da polémica por irregularidades financeiras

O seu sucesor na presidencia do club de fútbol, Tino Saqués, dixo atopar irregularidades nas contas da entidade -como pagos sen documentación a directivos- mentres que Bouso, hoxe no PP da Pastoriza, sempre defendeu a súa xestión.

Os amantes das vespas teñen unha cita en Reigosa este sábado

A localidade pastoricense acolle a sétima edición da súa tradicional feira mensual, que contará ademais cunha demostración de aeróbic e unha exposición de esculturas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE