Protestas contra a Xunta por cesar a case mil bombeiros forestais tras a vaga de incendios do pasado verán

A CIG convoca as mobilizacións tras o anuncio de cesar a 938 traballadores fixos descontinuos.

 


|

Archivo - Un bombero durante la manifestación contra la gestión de la Xunta de Galicia en los incendios forestales, a 14 de septiembre de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). La manifestación se ha producido bajo el lema ‘La políti
Foto: EP

 

A CIG convoca unha protesta este luns, 17 de novembro, ante a Xunta, na compostelá sede de San Caetano (11,30 horas), para reclamar melloras laboras do servizo de prevención de incendios (SPIF) con motivo do cesamento dun total de 938 traballadores fixos descontinuos.
 

 

Así, reclamarán que os profesionais traballen todo o ano, melloras salariais e de seguridade, así como un servizo 100% público.
 

Decenas de personas durante la manifestación contra la gestión de la Xunta de Galicia en los incendios forestales, a 14 de septiembre de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España)
Decenas de persoas durante a manifestación contra a xestión da Xunta de Galicia nos incendios forestais, a 14 de setembro de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España)


A CIG-Autonómica contrapón ás melloras en condicións do persoal de extinción de incendios doutras comunidades fronte a unha Consellería do Medio Rural que "ignora as necesidades dos servizos e abandona ao seu persoal negar a abrir unha mesa de negociación".

Censura que a Xunta non rectifique a súa política tras a vaga de incendios deste ano con 120.000 hectáreas arrasadas e aposte por aumentar a externalización de funcións, ademais de botar culpas ao Goberno central.

 

INCENDIOS DE SEXTA XERACIÓN

Pola súa banda, expertos alertan de que cada vez "son máis frecuentes" os incendios de sexta xeración, case imposibles de controlar e moi perigos para as persoas que traballan na loita contra o lume.
 


A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, inaugurarán este luns, 17 de novembro, as XXXVI Xornadas Luís Asorey que abordarán esta temática.

O coordinador desta iniciativa é Antonio Rigueiro, catedrático emérito da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago), presidente da Asociación Forestal de Galicia e académico da RAGC. Á inauguración das xornadas asistirá o presidente da Academia, Juan Lema; a delegada do Campus Terra, Elvira López; xunto a representantes da Deputación de Lugo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE